TOMIÑO
A escola infantil de Tomiño-Goián iniciou o curso 2016-2017 cunha xornada de portas abertas
Conta cunha capacidade máxima de 61 prazas e arranca con 42 alumnos matriculados.
![[Img #27643]](upload/img/periodico/img_27643.jpg)
A escola infantil de Tomiño-Goián (Pontevedra), integrada na rede autonómica “Galiña Azul” do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, comezou hoxe o curso 2016-2017, cunha xornada de portas abertas para pais e alumnos á que asistíu o xerente do Consorcio, Perfecto Rodríguez, acompañado pola alcaldesa de Tomiño, Sandra González.
Este centro, que dispón dun máximo de 61 prazas (4 unidades), inicia a súa andaina con 42 nenos matriculados, dos que 2 son pequenos de 0 a 1 anos; 21, de 1 a 2 anos; e 19, de 2 a 3 anos. A eles hai que sumarlles 13 nenos máis, matriculados no período extraordinario de setembro, que iniciarán o curso o próximo 17 de outubro, co que practicamente se completará a capacidade máxima da escola.
A escola infantil de Tomiño-Goián é un dos seis novos centros que botan a andar neste curso (2016-2017), xunto cos de A Coruña-A Sardiñeira, Ames-Bertamiráns, Fene-Barallobre, Oza-Cesuras e Marín-Seixo.
A esas escolas infantís hai que sumarlle as tres unitarias (Crecente, en Pontevedra; Cartelle, en Ourense, e Sobrado dos Monxes, en A Coruña) que se reabren este ano ante o aumento da demanda, logo de que permaneceran pechadas por falta de matrícula no curso pasado e, no caso da de Sobrado, tamén no 2014-2015.
En total, entre as seis novas escolas que inician agora o curso, e as escolas infantís unitarias -que xa o fixeron en días pasados-, a oferta para nenos de 0 a 3 anos nos centros dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, acada as 7.452, incluíndo as escolas infantís que xa estaban funcionando nas catro provincias galegas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149