PROVINCIA
Moaña acolle desde este venres a mostra "Exodus: en busca do refuxio" para darlle visibilidade ao drama das persoas refuxiadas en Europa
Poderá visitarse dende mañá ata o próximo 6 de outubro na Casa do Concello.
A Casa do Concello de Moaña acollerá, a partir de mañá 16 de setembro, a exposición fotográfica "Exodus: en busca do refuxio", impulsada pola Deputación de Pontevedra. Trátase dunha mostra que pretende ser un recordatorio e unha denuncia do que está a acontecer nas fronteiras de Europa, onde milleiros de refuxiados viven un drama real no seu intento de entrar a Europa. As imaxes de "Exodus" poderán verse, no vestíbulo da Casa do Concello, dende mañá venres ata o xoves 6 de outubro. O horario de visitas será, de luns a domingo, dende as 9 da mañá ata as 8 da tarde.
"Exodus" permite ver o traballo fotográfico realizado polos fotoxornalistas galegos Felipe Carnotto e Adrián Irago, que percorreron os Balcáns e a illa grega de Lesbos entre setembro e outubro de 2015 para denunciar o que lle está pasando a aquelas persoas que foxen dos seus países por mor da guerra. Así, as súas fotografías pretenden facernos reflexionar sobre o que están vivindo milleiros de persoas, adultas e menores, nas portas da Unión Europea. Segundo os autores, trátase de persoas normais coma nós, que de repente un día vén truncadas as súas vidas normais polas consecuencias de guerras nas que non teñen nada que ver.
Despois dun amplo percorrido por distintos municipios da provincia, a Deputación de Pontevedra convida a todos os concellos a seguir acollendo esta mostra itinerante, que pretende sensibilizarnos co sufrimento dos refuxiados e refuxiadas, así como buscar máis solidariedade entre todos e todas ante un drama que non debe caer no esquecemento.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.56