Mos
A Escola de Música de Mos inicia o seu primeiro curso como Conservatorio Profesional
Foi inaugurado pola alcaldesa, Nidia Arévalo, membros da dirección do centro e o inspector Gustavo Lorenzo
![[Img #27665]](upload/img/periodico/img_27665.jpg)
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a directora da Escola Municipal de Música de Mos, Ángeles Lorenzo, o presidente do Círculo Cultural e Recreativo de Torroso, Iván Rey Grandal, o presidente da Comunidade de Montes de Torroso, Camilo Grandal, e o inspector de Centros Educativos Musicais de Grao Profesional, Gustavo Lorenzo, inauguraron o pasado venres 16 de setembro ás 21.00 horas no Centro Dotacional do Medio Rural de Torroso o novo curso 2016-2017.
O presente curso 2016-2017 será o primeiro da Escola de Música de Mos como Conservatorio Profesional de Música e Centro Autorizado Profesional de Música tendo implantado o Grao Profesional de Música.
Isto supón que o alumnado pode continuar os seus estudos musicais no centro e acadar así o grao profesional. O grao profesional é unha saída laboral moi importante, xa que grazas a esta titulación, o alumnado pode dar clases de música nesta e outras escolas.
O C.R.C. de Torroso conta con 460 asociados. Leva ó seu cargo a Escola de Música de Mos con 354 alumnos matriculados entre oficiais da escola e non oficiais. Hai alumnos dende os 3 anos ata os 80 anos.
Situada no Centro Dotacional do Medio Rural de Torroso, a Escola de Música de Mos, foi creada no seo do Centro Recreativo e Cultural de Torroso no ano 2003. Está recoñecida pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia como escola oficial. Impártense os catro cursos de Grao Elemental que comprenden materias de: linguaxe musical, educación auditiva e vogal e as clases correspondentes a cada instrumento.
A Escola de Música de Mos conta na actualidade con 22 mestras/es especialistas e está dirixida por Ángeles Lorenzo. Todo o que se realiza na Escola é aprobado pola Xunta Directiva do C.R.C. de Torroso.
A Escola de Música de Mos está situada no Centro Dotacional do Medio Rural de Torroso. Neste centro cóntase con: 5 aulas insonorizadas, 2 aulas de estudo, 2 aulas grandes, biblioteca, auditorio e secretaría. No antigo Centro Cultural séguense mantendo as clases de ballet clásico.
Mos conta por primeira vez na súa historia co Grao Profesional de Música grazas ó cal os e as mosenses non terán que desprazarse ata Vigo, Redondela, Tui ou Ponteareas para poder estudiar.
Ó igual que a Escola Municipal de Música, o Conservatorio Profesional ten sede no novo Centro Dotacional do Medio Rural de Torroso.
O Conservatorio Profesional de Torroso conta cun total de 34 prazas das seguintes 15 especialidades: clarinete, contrabaixo, fagot, frauta traveseira, gaita, guitarra, oboe, percusión, piano, saxofón, trombón, trompa, trompeta, tuba e violín.
Ó Grao Profesional de Música pódense presentar todas as persoas de 12 anos de idade en diante. No Conservatorio de Torroso poden estudiar tanto os xa matriculados na Escola de Música de Mos coma os que non o estaban. O único requisito para acceder é superar as probas de acceso.
Este primeiro ano ponse en marcha o primeiro curso de Grao Profesional que se irá implantando de xeito gradual ata chegar ó sexto curso e conseguindo así, no curso 2021-2022, a primeira promoción con formación profesional completa neste Conservatorio.
Actualmente a Escola de Música de Mos conta con 354 alumnos e alumnas de tódalas idades, para dar resposta ós cales surxiu o ambicioso proxecto de implantar o Conservatorio Profesional. Moitos deles tiñan interese por continuar a súa formación ó rematar o Grao Elemental e tiñan que desprazarse a outros municipios ata o de agora.
E é que o Grao Profesional supón unha saída laboral para os estudiantes, xa que con este título o alumnado está capacitado e titulado para exercer como mestre de música.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101