PONTEAREAS
A ANPA denuncia que "un ano máis o CEIP Fermín Bouza Brey comeza o curso coas obras sen rematar"
![[Img #27695]](upload/img/periodico/img_27695.jpg)
"Despois de que o curso pasado quedáramos sen a cuberta da pista polideportiva do CEIP Fermín Bouza Brey e dos reiterados compromisos do Concello de que este ano teriámola rematada antes de que comezara o curso, asistimos coa decepción que da o costume a que non só non está rematada xa comezado o curso, senón que ademais non se vai a rematar" explican dende a ANPA CEIP Fermín Bouza Brey.
A escusa deste curso -segundo a concelleira de ensino- é que “a empresa construtora atopou problemas que non foran orzados e o diñeiro non chega para rematar a obra”. Estes problemas, sempre segundo Cristina Fernández, pasan pola consistencia e características do terreo. "Algo que polo visto, non previron" EXPLICAN DE NDE A anpa.
Así, de momento, o alumnado do centro non conta cun patio cuberto rematado. Co que si conta é cun espazo menos de recreo, xa que a obra está precintada para que non pisen por riba.
"Para atallar este problema, a solución do concello pasa porque as familias fagamos presión á Xunta para que esta asuma o custe do remate das obras, 6.000€ aproximadamente, mentres que a dirección do centro plantexa un crédito bancario" explican.
"Lembremos que o orzamento total desta obra (orzamento que figura nos documentos) ascendeu a 188.277,02€ e foi asumido na súa totalidade pola Deputación de Pontevedra. Ninguén nos informou de porqué no panel da empresa colocado no centro figura como orzamento 180.653€, case 8.000€ menos" aseguran.
"Lembremos tamén que na PROPOSTA DA ALCALDÍA SOBRE APROBACIÓN DA MODIFICACIÓN DO PROXECTO DE AMPLIACIÓN E CUBRICIÓN DA PISTA POLIDEPORTIVA CEIP FERMÍN BOUZA BREY presentada en febreiro deste ano e aprobada pola Deputación de Pontevedra en maio, consta a imposibilidade de montar gradas, e citamos textualmente: “Una vez procedido el levantamiento topográfico de las instalaciones del CEIP Fermín Bouza Brey y a la elaboración del estudio geotécnico que permitiese conocer las características del terreno, se constató que no resultaría posible crear ese espacio […] por tratarse de un terreno muy irregular y con escasa capacidad portante”, polo que non entendemos que despois dos estudos do terreo, non previran os problemas que agora esgrimen como escusa" din dende a ANPA.
Para rematar expoñen que "entendemos que cando se realiza un contrato do Sector Público, a responsabilidade recae entre a empresa contratada e a administración que a contrata (neste caso o Concello de Ponteareas). Por enésima vez, vemos a irresposabilidade e falta de compromiso coas familias deste centro".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184