PROVINCIA
As tres universidades galegas presentan o seu diagnóstico do sector turístico
A Cidade da Cultura acolleu unha xornada técnica de exposición de conclusións das tres universidades.
![[Img #27742]](upload/img/periodico/img_27742.jpg)
Baixo a premisa de contar por vez primeira co conxunto do sector turístico galego na creación dunha estratexia de futuro para o sector e, especialmente, co obxectivo de incoporar a forza científica das tres universidades galegas traballando coordinadas, o Clúster Turismo de Galicia celebrou o pasado día 16 na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela unha xornada técnica que serviu para coñecer o diagnóstico das tres universidades galegas sobre a situación do sector turístico galego e os mecanismos participativos que o CTG está a poñer en marcha no proceso de elaboración da Estratexia de Turismo de Galicia 2020, un documento que determinará a folla de ruta deste sector para o próximo catro anos e que deberá estar redactado antes de final de ano.
“É a primeira ocasión na que están a traballar de forma conxuntas as tres universidades galegas para a creación dun plan estratéxico”, explicou o presidente do Clúster Turismo de Galicia, Francisco González, que destacou o gran interese do Clúster Turismo de Galicia en rendibilizar o enorme capital científico co que conta a comunidade para traducilo na creación dunha folla de ruta na que participe todo o sector turístico.
Sustentabilidade e incremento do gasto
A xornada estruturouse en tres exposicións, a cargo dos coordinadores pertencentes ás Universidades de Vigo, A Coruña e Santiago de Compostela que levaron a cabo as análises e que foron os encargados de poñer sobre a mesa a súa análise en canto á demanda do sector, a oferta turística actual na comunidade e a súa contorna turística. Entre estas conclusións destaca a necesidade de implementar un modelo de negocio sustentable e eficiente que pasa por mellorar a accesibilidade o destino, loitar contra a estacionalidade da oferta e incrementar os ingresos por turismo no destino apostando por xerar unha oferta flexible, de maior calidade -tanto no que se refire a infraestruturas como a cualificación do persoal-, versátil e innovadora para poder responder as necesidades do novo viaxeiro que reserva con menos antelación e busca experiencias.
Diferenciarse da competencia
A mellora da rendibilidade ou unha maior oferta de actividades complementarias e de lecer, son algúns dos retos de futuro aos que se enfronta o sector, explicaron os expertos, polo que o sector galego debe encamiñar os seus esforzos cara á creación de propostas que contemplen elementos diferenciadores como o termalismo ou o Camiño de Santiago, gastronomía ou o enoturismo que pemitan a diferenciación do destino fronte aos principais competidores, incrementando o Valor Engadido da oferta turística. A xornada concluíu cunha animada mesa redonda de debate que serviu para facer un primeiro achegamento sobre os retos de futuro que debe abordar o sector turístico galego.
Todos estes informes, que se publicarán en liña para que poidan ser consultados publicamente, serven como punto de partida ou análise DAFO (Debilidades, Amenzas, Fortalezas e Oportunidades) para comezar a traballar sobre a creación dunha axenda turística, na que tamén estarán implicados o conxunto do sector e que se materializará na creación de mesas de traballo que permitan abordar a creación deste plan estratéxico desde todas as vertentes.
Espazo web e enquisa aberta de participación
A xornada celebrada tamén serviu para presentar o espazo web creado especificamente para ir publicando todos os documentos que se vaian xerando ao longo do proceso de xestación da Estratexia do Turismo de Galicia no horizonte 2020, estratexia.clusterturismogalicia.com. Un espazo que estará aberto á cidadanía, para recoller as achegas de todo aquel que considere que poida colaborar coa súa visión ou propostas para o establecemento dos obxectivos e da planificación do sector turístico galego ata 2020.
Neste sentido, o Clúster Turismo de Galicia tamén habilitou unha enquisa para recoller de forma máis ordenada todas as achegas da cidadanía poida facer para esta axenda de tal modo que o proceso de creación sexa o máis aberto, transparente e participativo posible, non só entre a administración pública e o sector privado, continuando así coa premisa fundamental da cooperación público-privada que guiou as actuacións do CTG, se non que tamén para a cidadanía, que pode así implicarse no futuro dun dos sector crave da economía galega pois, á fin e ao cabo, o turismo somos todos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180