OPINIÓN
Novo hospital de Vigo
Juan Luís Gil Vázquez (O Porriño)
Non ten sentido algún que Vigo e toda a súa área de influencia, que antes contaba con dous grandes Centros Sanitarios, o “Hospital Xeral” (ou como o chamaban fai uns lustros, a “Resi”) que xuntamente co seu anexo “Policlínico Cíes” e ademais o “Hospital Meixoeiro”, representaban unha razoable cobertura sanitaria, agora no canto de mellorar a devandita cobertura á poboación cun terceiro gran hospital, déronnos o timo de cambiar o “Xeral” polo “Cunqueiro”, pechando o primeiro, ao mesmo tempo que reduciron enormemente os servizos no “Meixoeiro”, se a isto, ademais sumámoslle o afastamento da cidade, do novo Centro Sanitario, coa correspondente peor accesibilidade, por moito que estea situado xunto á circunvalación, pois antes o “Xeral” estaba situado en pleno centro e miles de persoas de Vigo podían chegar a el camiñando ou a poucas paradas de autobús, ou nunha curta e económica carreira en taxi. Pasamos pois de contar con dous centros e medio, a un e medio, por tanto os cidadáns saímos perdendo.
Por sorte aínda non tiven necesidade de acudir ao novo hospital “Álvaro Cunqueiro”, pero os testemuños que me chegaron, son de que se tarda bastante dunha parte a outra, dentro das instalacións, co consecuente prexuízo de traballadores e usuarios.
En casos de urxencia, é vital a inmediatez da asistencia e o feito de afastar o novo hospital, da cidade, é unha tremenda imprudencia e irresponsabilidade. Ao mesmo tempo é unha gran “faena” que desviasen servizos desde o “Meixoeiro” cara ao “Cunqueiro”, xa que con iso os habitantes das localidades como Ponteareas, Redondela, Tui, Salceda, Arbo, Salvaterra, As Neves, A Cañiza, Mondariz, O Porriño, etc, é dicir unha enorme franxa de poboación, teñen un desprazamento bastante máis longo e con peor conexión en transporte público, un gravísimo despropósito dos responsables gobernantes políticos que levaron a cabo este desaguisado; pero que a alguén lle reportaría bos beneficios…

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149