O PORRIÑO
Antonio Barros será a voz da área de Vigo no concurso “Recantos” do Luar
O mosense, afincado no Porriño, defenderá a primeira canción o vindeiro 11 de Novembro.
O artista Antonio Barros de 26 anos, natural de Tameiga (Mos) pero afincado en Carracido (O Porriño) será o novo “recanteiro” que representará a área de Vigo
Tras a presentación do pasado 22 de Xullo no último programa da temporada de Luar, os 22 participantes enfrentaranse nunha primeira sase para dar paso á eliminación dos dous “recanteiros” con menor puntuación a partir do 16 de Setembro.
Como comezas no mundoda música?
Comencei de ben neno. A miña primeira canción ensinouma o meu avó. Con 4 aniños cantaba o famoso tema de Manolo Escobar “Mi carro”, e logo as cancións populares da nosa terra, especialmente “Airitos da nosa terra” , traéme moitos recordos.
Cal é a túa experiencia no mundo da música?
Con so 9 anos xa cantaba no coro parroquial pasando a formar parte da Coral Polifónica “O Son dos Cantares”, con 14 anos fun membro do Coro “Hetería” do Porriño e da Coral “Santa María de Areas” (Ponteareas). Ós 16 anos formei parte do grupo musical “Trío Tr3s”. A miña andaina no mundo da verbena escomenzou no ano 2008, na orquesta “Os Trovadores” da Coruña. As seguintes 5 tempadas fíxenas cos meus compañeiros da Orquesta “Miramar”. No 2015 deixei o mundo das orquestas para involucrarme nun proxecto máis persoal: “Emocionarte, escola de Artistas”. E, actualmente, atópome actuando coa Orquesta “Stelares”.
Que te levou a presentarte a este Concurso?
O afán de superación, as constantes ganas de aprender a moverme nun medio no que non estou acostumado a traballar.
Que esperas do programa, cal é o teu obxetivo?
Espero atopar nel unha fonte de aprendizaxe que sirva para facerme crecer a tódolos niveis: artístico, profesional e incluso persoal. E por suposto, o meu obxetivo é aproveitar ó máximo esta oportunidade e sacarlle o máximo partido.
Cal é o teu sentimento como representante da área de Vigo?
Síntome moi afortunado e agradecido. Sen dúbida é un dos recantos que máis deu que falar en tódalas edicións anteriores. Todo un pracer e unha resposabilidade inmensa poder representar a tantas persoas e a terra que me veu nacer.
Cales son os teus artistas de referencia, os teus preferidos?
Teño moitos, dende Luis Miguel , Frank Sinatra, Freddy Mercury, Camilo Sesto ou Tino Casal ata Pucho Boedo, Juan Luis Guerra ou Juan Diego Flórez, cada un ten a súa propia personalidade e gústame por motivos diferentes.
Son artistas moi diversos. Con este abanico de influencias cal é o teu estilo?
É unha pregunta difícil. Na orquestra teño que ser o máis versátil posible e así me gusta selo. Agora ben, se tivera que decantarme por algún estilo en concreto, sen dúbida sería o de cantante melódico.
Cal é o teu “ritual” antes de subir a un esceario?
Entrar sempre co pe dereito e antes de cantar sempre me presino e bico o meu anel de casado.
Cal é a túa canción favorita e por qué?
“Contigo en la distancia”, porque é a canción coa que recibimos ós nosos fillos no seu nacemento.
Unha parte da túa puntuación depende do público, que lles dirías para que te sigan?
Eu teño moi claro que vou a por toda a carne no asador e que intentarei gañar o cariño do público. Quero que sexa por méritos propios, polo meu “traballo”. Pediríalles o seu voto pero so coa condición de que me votasen sempre e cando lles guste.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101