Miércoles, 21 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 23 de Septiembre de 2016 Tiempo de lectura:
TUI

O II Torneo de Xadrez da Eurocidade reunirá a 120 xogadores de Galicia e Portugal

Pola mañá xogaranse catro rondas en Tui, e pola tarde, as cinco últimas partidas en Valença, ao espectacular ritmo de xogo “xadrez activo”.

Mañá sábado, 24 de setembro, celebrarase o  “II Torneo de Xadrez da Eurocidade”, un evento que comparten dúas cidades en dous países, un formato organizativo único no mundo.


Organizado por Xadrez Galego, conta coa colaboración da Eurocidade Tui-Valença e os clubs tudenses, Club Xadrez Tui e Club Xadrez Infortui, e nesta segunda edición contará con 120 xogadores de Galicia e Portugal, destacando a presencia de varios mestres internacionais e campións galegos e portugueses.


O torneo disputarase dende ás 10h en Tui, na Sala de Exposicións da Área Panorámica. As rondas finais celebraranse pola tarde, a partir das 16.00 horas españolas, nos xardíns de Valença.


A partir das 20.00 horas españolas realizarase o acto de clausura, coa entrega de premios, trofeos e outros obsequios entregados polas casas colaboradoras.


A maiores da celebración do torneo, realizaranse outras actividades de promoción do xadrez, con partidas rápidas con todas as persoas que queiran achegarse a ver o torneo e xadrez xigante para os máis cativos.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.