PROVINCIA
Catoira, Cuntis e Vilanova benefícianse da segunda convocatoria de préstamos sen xuros aos concellos
As tres vilas recibirán preto de 400.000 € despois de que a institución provincial non esgotara o importe máximo de 1,5 millóns de euros na primeira convocatoria.
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a concesión de tres novos préstamos sen xuros aos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia. Deste xeito, Catoira, Cuntis e Vilanova de Arousa recibirán entre os tres preto de 400.000 euros (356.901,80 €) por parte da institución provincial.
Deste xeito, Catoira recibirá 59.962,93 € con destino ao financiamento dunha operación de tesourería. Cuntis, pola súa banda, destinará a cantidade de 96.938,87 € ao arranxo de varias pistas deterioradas por mor dos temporais. Por último, os 200.000 € que recibe Vilanova de Arousa os empregará para financiar outra operación de tesourería.
Lembramos que o pasado mes de maio, a Deputación abriu unha segunda convocatoria por un valor de 362.291,28 € coa que os concellos de menos de 50.000 habitantes tiveron a posibilidade de solicitar este tipo de préstamos. Esta ampliación foi posible debido a que na convocatoria inicial non se esgotou o importe máximo asignado de 1,5 millóns de euros.
Lembramos así mesmo que, ademais do réxime de concorrencia competitiva e sen ningún tipo de xuros, cómpre destacar nas novidades ao respecto dos préstamos que a nova Deputación lle asigna a esta iniciativa 500.000 € máis que o que se investiu co anterior Goberno provincial.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191