Miércoles, 14 de Enero de 2026

Xornal21
Jueves, 29 de Septiembre de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

“En Ruta coa Depo” levou esta fin de semana a máis de 600 persoas de ruta por 7 concellos da provincia

Máis de 18.000 persoas gozarán, ata decembro, das 18 rutas propostas neste programa para coñecer lugares emblemáticos da provincia.

[Img #27804]

 

“En Ruta coa Depo” desenvolveu esta pasada fin de semana as segundas saídas para coñecer lugares emblemáticos da provincia, nas que participaron máis de 600 persoas de 7 concellos diferentes. En concreto, participaron a Asociación de Mulleres Rurais Santa Tecla (A Guarda), o Club de Xubilados e Pensionistas Nosa Señora do Carme (Moaña), o Centro Recreativo e Cultural do Torroso (Mos), a Asociación Cultural Reiriz 2016 A Queimada (Pontevedra), o Centro Social e Cultural de Cedeira e a Confraría de Pescadores de San Juan (Redondela), o Club de Pensionistas de Sanxenxo e a Asociación de Veciños San Roque (Vigo).

 

As persoas do Centro Social e Cultural de Cedeira, da Confraría de Pescadores de San Juan e da Asociación Cultural Reiriz 2016 A Queimada visitaron O Grove e A Ría de Arousa. Dende a Asociación de Mulleres Rurais Santa Tecla percorreron Barro, Portas, Caldas e Cuntis, mentres que dende o Club de Xubilados e Pensionistas Nosa Señora do Carme achegáronse ata Silleda e a súa zona. Por parte do Centro Recreativo e Cultural de Torroso visitaron Catoira, Vilagarcía de Arousa e Cuntis e membros do Club de Pensionistas de Sanxenxo achegáronse ata A Guarda e o conxunto histórico de Tui. Por último, a Asociación de Veciños San Roque coñeceu o conxunto histórico de Cambados e a senda fluvial do río Umia en Ribadumia.

 

“En Ruta coa Depo” é un programa da Deputación de Pontevedra que propón alternativas de lecer dinámico e saudable pretendendo mellorar a participación, a convivencia e a cohesión social dos distintos colectivos sociais da provincia de Pontevedra. Ofŕecense un total de 18 rutas por lugares emblemáticos da provincia con distintos tipos de propostas para todos os públicos: rutas dinámicas e activas para a xente máis moza, rutas interxeracionais para Anpas e familias, rutas adaptadas para persoas con mobilidade reducida, rutas marítimas e rutas por enclaves singulares.


Este programa, xestionado a través do Servizo de Cohesión Social e Xuventude, vai permitir que, ata finais de ano, máis de 18.000 persoas coñezan mellor a provincia. A Deputación de Pontevedra inviste 238.500 euros nesta iniciativa.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.