GALICIA
As empresas AllGenetics e Galchimia, gañadoras da II edición dos premios Galicia Spin-off
Pastor e GCiencia impulsan unha iniciativa que recoñece a aposta pola innovación das empresas galegas.
Os premios Galicia Spin-off, que este ano celebran a súa segunda edición, son uns galardóns convocados por Pastor e o portal da ciencia galega GCiencia para distinguir os proxectos empresariais máis relevantes vinculados ás universidades da comunidade. A entrega dos premios terá lugar o vindeiro 10 de outubro, nun acto que se celebrará na sede da Fundación Barrié en Vigo e no que participarán o alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en funcións, Román Rodríguez.
O xurado realizou un duro traballo para elixir ós gañadores entre as candidaturas que se presentaron en ámbalas dúas categorías. No apartado Selo de Calidade, que distingue a empresa máis consolidada, a gañadora deste edición foi a compostelá Galchimia, unha compañía nacida no ano 2001 e creada por dous químicos procedentes da Universidade de Santiago, que ao longo dos anos conseguiu converterse en líder español no sector de Química Orgánica Sintética. Galchimia prové de servizos de análise, síntese e desenvolvemento de procesos ás industrias química farmacéutica, veterinaria, agrobiotecnolóxica e biotecnolóxica para o descubrimento e desenvolvemento de novos fármacos.
No apartado de Idea Emerxente, que premia a inicitiva máis innovadora, a gañadora foi AllGenetics, unha empresa creada en 2011, especializada na área do xenoma e vinculada á Universidade de A Coruña. Entre os seus méritos figura ser a primeira empresa do mundo que pon as técnicas de análise do xenoma ó servizo de empresas do sector de Ecotoxicoloxía.
A finalista nesta categoría foi Lupeon, empresa dedicada á impresión 3D baixo demanda que foi creada en 2013 por dous alumnos da Universidade de Vigo. Na súa corta existencia a empresa xa desenvolveu proxectos para o sector da automoción, aeronáutico e sanitario, entre outros, e ten unhas importantes expectativas de crecemento.
Os premios Galicia Spin-off incrementaron considerablemente a participación nesta edición. Entre as candidatas atopábanse empresas de sectores moi diversos coma a mellora da produción agroalimentaria, a xeración de software innovador ou a investigación química en diversos eidos. A votación final foi moi pechada xa que a maioría das candidatas acadaron importantes resultados na comercialización dos seus produtos e servizos, tanto en España coma no exterior. O xurado estivo formado por representantes da Secretaria Xeral de Universidades da Xunta, da Real Academia Galega das Ciencias, do CSIC, do Pastor e de GCiencia.
En Galicia, o Grupo Banco Popular conta con 259 oficinas e máis de 700.000 clientes, dos que máis de 127.000 son pemes, autónomos e comercios. Mediante Pastor, Galicia é o principal mercado do banco, onde conta coa maior cota de todo o territorio nacional, tanto en créditos como en depósitos. Pastor apoia aos emprendedores e aos empresarios galegos e proba diso é que tras a integración no Grupo Banco Popular, sumaba algo máis do 18% de cota de mercado en créditos e actualmente a súa cota é do 21,84%. En definitiva, trátase de apostar por Galicia e de materializar o seu compromiso a longo prazo coas súas familias, empresas, autónomos e comercios.
GCiencia é o portal da Ciencia en Galicia, unha publicación de Ciencia Galega Industrias Creativas S. L. que se ten convertido nun medio de comunicación de referencia a través das súas reportaxes, entrevistas, audiovisuais, informacións e contidos multimedia, moitos deles trilingües. Ao longo de case tres anos de existencia, GCiencia, premiado recentemente co Premio de Xornalismo Dixital, concedido polo Foro da Comunicación de Galicia, tense consolidado como un dos dixitais máis seguidos de Galicia. GCiencia foi seleccionada pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), do Ministerio de Economía e Competitividade, para o seu programa de Fomento da Cultura Científica, Tecnolóxica e da Innovación, converténdose así nun dos catro medios de comunicación de España que forman parte do proxecto.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213