Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21
Sábado, 01 de Octubre de 2016 Tiempo de lectura:
GONDOMAR

Gondomar emprega 23.000 euros do Plan Concellos no axardinamento de tres rotondas

O Plan Concellos acada un grao de adxudicación do 85%, o que representa un investimento na vila de 744.575,41 €

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar unha nova axuda ao concello de Gondomar dentro do Plan Concellos 2016. Nesta quenda, trátase dunha axuda por valor de 23.299,02 € para o axardinamento de tres rotondas da vila, unha actuación que se integra na liña 1 (investimentos) do Plan Concellos 2016.

 

Esta achega súmase ás xa aprobada polos Plan Concellos con anterioridade, é dicir, 495.330,35 euros en liña 1 para a realización de obras de conservación e mantemento do material de cubrición do polideportivo municipal, para melloras en pavimentación, drenaxe e seguridade viaria do camiño de Carrasquedo de Abaixo, na parroquia de Vilaza e con destino á urbanización do espazo exterior do edificio administrativo do CDL, a realización de obras de instalacións complementarias e o acondicionamento do parque da Coelleira. Despois, 28.971,46 € na liña 3 para o CMUS elemental da vila, a aula de teatro Pritis Guomins, a celebración da IV Carreira a prol da Corresponsabilidade, as actividades "Gondoverán" e "Cinema da Rúa" e a realización de cursos e actividades destinadas a persoas maiores de 55 anos e, por último, 196.974,58 € destinados á contratación de 19 traballadoras e traballadores, isto último na liña 4 que o programa dedica ao emprego.

 

Ata agora o Plan Concellos ten acadado un investimento en Gondomar que se sitúa en 744.575,41 € e representa o 85% do total.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.