SALVATERRA DE MIÑO
O DOG publica o expediente de expropiación dos terreos para a depuradora da Plataforma loxística de Salvaterra-As Neves
A Consellería de Infraestruturas e Vivenda avanza nos trámites para a contratación nos vindeiros meses dos equipamentos de saneamento e depuración necesarios para o desenvolvemento da Plisan.
O Diario Oficial de Galicia publicaba a Resolución do Instituto Galego da Vivenda e Solo pola que se aproba o expediente de expropiación que afecta aos terreos necesarios para a construción da estación de tratamento de augas potables e a súa correspondente captación para Plataforma loxística de Miño-As Neves (Plisan). O expediente afecta a un único predio, de 1.205 metros cadrados.
A Consellería de Infraestruturas e Vivenda avanza deste xeito nos trámites necesarios para a contratación nos vindeiros meses dos equipamentos de depuración e saneamento necesarios para o desenvolvemento da Plataforma loxística. Estas infraestruturas, xunto coa urbanización interior da zona cualificada como “Loxístico-Empresarial”, que tamén se contratará proximamente, suporá un investimento de preto de 20 millóns de euros.
O investimento necesario para a ETAP e a EDAR, ademais da urbanización interior da área loxístico-empresarial é de aproximadamente 20 millóns de euros, que achegan a Xunta, a Zona Franca de Vigo e a Autoridade Portuaria
Ese financiamento será achegado polos tres organismos que están a promover a Plataforma loxística de Salvaterra-As Neves en réxime de condominio: a Xunta de Galicia, a Zona Franca de Vigo e a Autoridade Portuaria desa cidade.
Actualmente estanse executando as obras correspondentes aos servizos xerais da Plisan, iniciadas en outubro de 2015 e con data de remate prevista para o próximo mes de abril de 2017. No momento actual o grado de execución de ditas obras, cun orzamento de preto de 13 millóns de euros é de arredor do 40 por cento.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217