Jueves, 02 de Octubre de 2025

Xornal21
Sábado, 01 de Octubre de 2016 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Vinte veciñas e veciños sen emprego participan nun obradoiro de emprego remunerado

[Img #27851]

 

A concelleira de Emprego e Benestar, Soledad Girón, acompañada pola delegada territorial de Emprego da Xunta, deu a benvida este xoves aos 20 participantes no Obradoiro de Emprego que durante 6 meses, dende este 29 de setembro, ao 28 de marzo de 2017, adquirirán coñecementos de albanelaría e traballo forestal.


Os participantes, homes e mulleres, seleccionados pola Oficina do Servizo Galego de Emprego, farán un traballo remunerado e con alta na Seguridade Social durante os seis meses de duración do obradoiro recibindo, ao mesmo tempo, formación, teórica e práctica, de profesionais acreditados que contribuirán a mellorar a súa empregabilidade.


O obradoiro estará dividido en dúas actividades: nunha delas 10 alumnas e alumnos acometerán a reforma da antiga Escola Unitaria de Covelo, na parroquia de Atios, realizando operacións auxiliares de revestimento; a segunda delas consistirá na restauración ambiental da parcela en ruínas do Centro de Interpretación  da Natureza nas Gándaras de Budiño.


O orzamento total do obradoiro será de 179.134,2€, dos que o Concello do Porriño pon un total de 40.000 €, asumindo a Administración galega os 139.134,2€ restantes.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.