Domingo, 21 de Diciembre de 2025

Xornal21
Miércoles, 05 de Octubre de 2016 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

Lazoiro recolle preto de 300 kilos de lixo no río Tea en Salvaterra

Na limpeza gozouse dunha xornada de voluntariado ambiental e concienciación social.

[Img #27879]

 

Un ano máis a asociación Lazoiro sumouse este domingo 2 de outubro á Limpeza Simultánea dos Ríos Galegos, impulsada polo Proxecto Ríos e que tivo lugar dende a desembocadura do Tea até o Cordeiro, na parroquia de Alxén.

 

Ademais dos obxectos habituais atopados, como son os plásticos, arames e rodas de vehículos, nesta edición destacan as pezas de metal ou ferro de grandes dimensións, como unha parte dun andamio de obra de case dous metros e unha prancha metálica dun tamaño aproximado. Atopáronse tamén varias bolsas pechadas que contiñan numerosos cans afogados , algo que viña sendo habitual, pero nesta edición a xulgar polo seu estado, todo fai pensar que levaban moi pouco tempo.

 

Dende Lazoiro queren resaltar a participación cidadán que houbo, contando con preto de 30 persoas sendo así a edición con máis asistencia. Ademais a xente puido coñecer de forma directa a importancia de conservar o noso entorno. Implicándose tamén na posterior análise das augas e demais factores que serán enviados ao Proxecto Ríos para publicar no informe anual sobre o Estado dos Ríos Galegos.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.