Jueves, 15 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 05 de Octubre de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación pon en marcha as “DEPOrte escolas” cunha reunión coas Federacións Deportivas da provincia

No encontro deuse a coñecer o novo modelo de funcionamento do programa.

[Img #27904]

 

A deputada de deportes, Chelo Besada, e o deputado de cooperación  municipal, David Regades, mantiveron esta semana un encontro coas Federacións Deportivas da provincia para impulsar e poñer en marcha o novo modelo das “DEPOrte escolas”. O programa, que comeza esta semana, contará coa participación de nenas e nenos de entre 5 e 15 anos que poderán escoller entre as modalidades deportivas de balonmán, fútbol, taekwondo, patinaxe, judo, rugby, marcha, piragüismo e baloncesto.

 

Os deputados provinciais subliñaron que o deporte é para a Deputación de Pontevedra un dos eixos fundamentais do goberno. Por tal motivo, as novas “DEPOrte escolas” xorden para converterse nun programa máis transparente e participativo, que respecte a autonomía municipal sen competir coas escolas deportivas xa postas en marcha nos concellos da provincia.  O programa busca a implantación igualitaria e equilibrada no territorio, a promoción do deporte base, un maior incremento da oferta de iniciación á práctica deportiva, a garantía de que cheguen ós concellos disciplinas deportivas non existentes, que as nenas e nenos poidan acceder ó deporte e, finalmente, a consolidación de todas as escolas que se vaian creando nos distintos concellos.

 

As “DEPOrte escolas” contan cunha nova imaxe que ten por obxectivo relanzar este renovado proxecto provincial de cara á cidadanía, intentando acadar unha maior visibilidade e identificación da actividade coa Deputación de Pontevedra. Esta nova imaxe xa se puido ver en campañas publicitarias postas en marcha pola institución provincial para anunciar o período de inscricións e carteis e publicidade distribuída en todos os colexios e ANPAS da provincia.

 

Ademais da imaxe, outra das novidades das “DEPOrte escolas” é o novo modelo de funcionamento, que ten por obxectivo achegar a información sobre as escolas ás familias e abrir vías de comunicación directas entre a Deputación, ANPAS e concellos para un programa máis transparente e participativo, dando como froito o aumento significativo no número de matrículas e no número de escolas, chegando ata 53 solicitudes novas. Entre moitas accións desenvolvidas a Presidenta da Deputación de Pontevedra, a través de carta, deu a coñecer de primeira man as escolas coa finalidade de impulsalas.

 

Tamén mudará a relación entre a Deputación e as Federacións coa finalidade de establecer un método de traballo único que simplifique os procesos e mellore o funcionamento das “DEPOrte escolas”, impulsando a comunicación entre institucións co obxectivo de consolidar as novas, aumentar o número de matrículas, adecuar a demanda á oferta e incrementar a presenza da institución nas mesmas.

 

Para poder acadar estes obxectivos realizaranse reunións periódicas coas federacións para mellorar a comunicación. Tamén se analizara, conxuntamente entre a Deputación e as federacións, as novas solicitudes de escolas coa finalidade de poñelas en marcha, xestionarase o aumento das matrículas e se realizará un seguimento dos resultados das escolas a través do establecemento de indicadores concretos.

 

A Deputación de Pontevedra quere contar coa opinión da cidadanía na posta en marcha das “DEPOrte escolas” a través de mecanismos que permitan canalizar as demandas e solicitudes de melloras. Para elo realizaranse dúas enquisas de satisfacción ó longo do curso para avaliar o funcionamento das mesmas, realizaranse consultas sobre novas disciplinas deportivas e elaboraranse comunicacións periódicas sobre a creación de novas escolas.

 

Nesta reunión de posta en marcha do renovado programa das “DEPOrte escolas”, as Federacións deportivas agradeceron á Deputación de Pontevedra “por ter confiado nelas” e engadiron que o programa se trata “dunha boa nova para a provincia e para o deporte”.

 

As “DEPOrte escolas” vanse ir implantando de forma progresiva a medida que a Deputación de Pontevedra teña a todas as nenas e nenos inscritos nas diferentes modalidades. Esta semana, en concreto, comezan as escolas de judo, patinaxe e fútbol.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.