Jueves, 15 de Enero de 2026

Xornal21
Jueves, 06 de Octubre de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O Plan Concellos 2016 sitúase ao 98,8% de execución con máis de 39 millóns de investimentos

Só quedan 2 municipios por chegar a completar o 100% das catro liñas de actuación do plan provincial.

[Img #27938]

 

A día de hoxe, o grao de execución do Plan Concellos 2016 sitúase no 98,8% nas súas catro liñas de actuación (1 de investimentos; 2 de gastos correntes, amortización e pagamento de débedas; 3 de actividades deportivas, culturais, musicais e medioambientais e 4 de plan de emprego). As liñas 2, 3 e 4 xa están ao 100% dende fai semanas, mentres que a liña 1 é a única que aínda non se completou, pero está xa a piques de facelo cun 98,2% de execución. Isto supón que, na actualidade, máis de 39 millóns de euros da Deputación de Pontevedra xa están investidos nos concellos a través deste plan provincial de cooperación cos municipios.

 

Dos 60 concellos da provincia que integran o Plan Concellos (todos agás as cidades de Pontevedra e Vigo, que contan con plans especiais), a día de hoxe hai 58 que xa teñen concedido o 100% das catro liñas. A través de resolucións presidenciais e da Xunta de Goberno, a Deputación está traballando para completar a totalidade de investimentos que faltan nos concellos de Marín e de Gondomar, que se pecharán nas próximas semanas.

 

O Plan Concellos 2016, a día de hoxe, leva investidos algo máis de 39 millóns de euros, dos 40 millóns previstos, nos 60 municipios da provincia incluídos neste plan provincial. Só queda por completar a liña 1 de investimentos, que se atopa xa ao 98,2% con algo máis de 27 millóns de euros destinados para investimentos nos  municipios.

 

Dentro das políticas de apoio aos concellos dende a institución provincial, cómpre lembrar ademais que, aos 40 millóns de euros do Plan Concellos 2016, lles hai que sumar todas as axudas dos distintos servizos provinciais -servizos sociais, deportes, xuventude ou cultura, entre outros-. Deste xeito, sitúase por enriba dos 60 millóns de euros a cifra total de investimentos este ano nos concellos da provincia.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.