PROVINCIA
O proxecto "SmartPeme" levará a cabo 30 cursos no mes de outubro na provincia de Pontevedra
"SmartPeme" é un programa de asesoramento no ámbito das TIC da institución provincial destinado ás persoas emprendedoras e ás pemes da provincia.
A provincia de Pontevedra acollerá durante todo o mes de outubro, os obradoiros do programa "SmartPeme" que se desenvolverán nas oficinas do Pontevedra, Cambados, Porriño, Lalín e Vigo cunha programación de actividades de diversa índole en horario de 19.00 horas. "SmartPeme" oferta ás persoas emprendedoras e pemes da provincia unha serie de servizos de información, análise, asesoramento, capacitación, demostración, acompañamento e titorización no ámbito das TIC, sempre da man dos propios implicados e implicadas e coa colaboración das asociacións de empresarios e de mozos e mozas autónomas. As inscricións pódense facer no número de teléfono 886 20 20 20.
En Pontevedra, o Edificio Administrativo da Deputación acollerá seis obradoiros nas seguintes quendas: o venres 7 de outubro, "Facebook Ads". O martes 11, "Deseña sinxelamente imaxes abraiantes e profesionais". O seguinte luns 17, "Unifica a xestión das túas redes sociais con Hootsuite". Ese mércores 19, "Saca as túas fotografías para o correo electrónico". O mércores seguinte, 26 de outubro, "Sácalle partido á túa conta de Gmail" e, por último, "Afondando nas ferramentas: Google Apps avanzado", o venres 28. A oficina SmartPeme de Pontevedra, no Edificio Administrativo da Deputación, atópase na Gran Vía de Montero Ríos, s/n.
En Cambados, o Centro ExpoSalnés acollerá seis obradoiros cos seguinte turnos: mércores 5 de outubro, "Google Analytics: iniciación á analítica web". O martes 11, "Google Calendar, moito máis que unha axenda". O venres 14, "Desenvolve a túa propia estratexia de e-mail marketing". O luns 17 de outubro, "Fotografía de produto: especial sector textil". O xoves 20, "Deseña sinxelamente imaxes abraiantes e profesionais" e, por último, o xoves 27 "As últimas aplicacións para o sector agrario e gandeiro". A oficina SmartPeme de Cambados, no Centro ExpoSalnés, atópase no Paseo da Calzada.
A oficina do Porriño acollerá os seguintes obradoiros: o luns 3 de outubro, "Fotografía e vídeo para espazos interiores". O xoves 6, "Rendibiliza o teu perfil profesionais en redes sociais". O xoves seguinte, día 13, "Desenvolve a túa propia estratexia de E-mail marketing". O martes 18, "LinkedIn: a túa rede de networking". O mércores da seguinte semana, día 26, "Coñece as claves para a dixitalización documental" e, o venres 28, "A túa páxina web con WordPress". A oficina SmartPeme do Porriño, no Multicentro do concello, atópase na rúa Ribeira, s/n.
Na oficina de Vigo as quendas son as seguintes: o martes día 4, "Como facer unha campaña de éxito de publicidade en Google?". Despois, o luns 10, "Coñece as claves para a dixitalización documental". O mércores 19, "Imos chamar á porta da túa clientela. Posicionamento SEO". Ese mesmo venres, día 21, "Promove o teu perfil en Facebook con aplicacións externas". O luns 24 de outubro, "Fotografía de produto: especial sector téxtil" e, en último lugar, "Almacenamento na nube e comunicación con clientes". A oficina SmartPeme de Vigo, na Sede da Deputación da cidade, atópase na Rúa Oporto, nº 3.
En Lalín, desenvolveranse 6 obradoiros na parcela E do viveiro de empresas do Polígono Lalín 2000. Comezarán o martes 4 con "Facebook marketing". O día seguinte, 5, "Fotografía para os teus produtos ou servizos para as redes sociais". O luns 10 de outubro, "Descubre como funciona o certificado dixital, o teu DNI online". O martes da semana seguinte, día 18, "Elixe a túa plataforma de comercio electrónico". O venres 21, "Imos chamar á porta da túa clientela. Posicionamento SEO". Por último, o martes 25 desenvolverase o obradoiro "LinkedIn: a túa rede de networking".
Lembramos que o novo proxecto SmartPeme, en palabras da presidenta da Deputación, Carmela Silva, "é un novo modelo de servizo orientado á mellora competitiva das pemes e á procura dunha melloría nas vendas e na eficacia e eficiencia das tarefas, que abre novos campos de actuación e alcanza novos grupos de interese coma os emprendedores, as asociacións empresariais e os axentes de dinamización en concellos".
Para isto, nas oficinas de SmartPeme no Porriño, Cambados, Pontevedra, Lalín, Ponteareas e Vigo se poñen en marcha as seguintes actividades: itinerarios de obradoiros temáticos con diversos niveis de dificultade adaptados ás necesidades das empresas, eventos de networking trimestrais coa participación de profesionais de prestixio, colaboración con asociacións e promoción de alianzas institucionais, especialización sectorial dos asesores en función das necesidades da súa área de influencia, kits de asesoramento en novas tecnoloxías a emprendedores, identificación e difusión das necesidades TIC aos provedores de solucións para as pemes e, tamén, impulso de novas carteiras de servizos de asesoramento.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191