PROVINCIA
A Policía Autonómica investiga a presunta autora de varios incendios forestais intencionados en Pontevedra
No que levamos de ano, a Policía Autonómica xa investigou ou detivo un total de 60 persoas por delitos relacionados con incendios forestais.
Axentes da Policía Autonómica en Pontevedra informaron hoxe da investigación dunha muller como presunta autora de dezaseis incendios forestais no concello de Pontevedra.
Os lumes que se lle imputan tiveron lugar desde o 9 de agosto ata o 6 de outubro nos lugares da Ponte, Vilar, O Rañadoiro e Acevedo, na parroquia de Pontesampaio e na Canicouva. Estes incendios afectaron unha superficie total de 320 hectáreas de raso e arborado.
A detención produciuse como consecuencia dun dispositivo de vixilancia activado desde mediados de setembro tras ser sorprendida no día de onte cando circulaba no seu vehículo arroxaba desde a ventanilla un obxecto incendiario en Pontesampaio que produciu un lume de 300 metros de arborado. Este lume foi apagado polos servizos de extinción de incendios da Xunta de Galicia.
Polos ditos feitos instruíronse dilixencias remitidas ao Xulgado de Instrución de garda de Pontevedra. No que vai de ano, Policía Autonómica xa leva investigadas ou detidas a 60 persoas por delitos relacionados con incendios forestais.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191