Sábado, 24 de Enero de 2026

Xornal21
Lunes, 10 de Octubre de 2016 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

O Concello de Nigrán organiza un curso de Ofimática para desempregados

O prazo de inscrición está aberto dende este luns ao 21 de outubro.

[Img #27987]

 

O Concello de Nigrán, organiza un curso de “Ofimática” dirixido prioritariamente a todas as persoas desempregadas e empadroadas no  municipio que queiran mellorar os coñecementos nesta área, de tanta importancia actualmente para mellorar o perfil profesional cara á busca de emprego.

 

Este curso, que se impartirá nas instalacións municipais do Centro Antena Municipal (Rúa Otero Pedrayo, no 52), desenvolverase do 2 de novembro ao 9 de decembro, os luns, mércores e venres, en horario de 10:30 a 14:00, estando aberto o prazo de inscricións do 10 ao 21 de outubro.

 

As persoas interesadas en participar terán que presentar a súa solicitude no Rexistro Municipal, cubrindo unha instancia e unha ficha que estará a súa disposición no propio Rexistro, no Centro Antena Municipal e no Departamento de Desenvolvemento Local de Nigrán e achegando copia do DNI, do CV e a correspondente certificación de inscrición no Servizo Público de Emprego.

 

Para ampliar esta información, as persoas interesadas poden contactar co Centro Antena no teléfono 986–366572 e co Departamento de Desenvolvemento Local, no 986-365000, ou formular as súas preguntas a través dos correos electrónicos centroantena@nigran.org, orlaboral@nigran.org e tle.nigran@nigran.org

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.