Sábado, 22 de Noviembre de 2025

Xornal21
Jueves, 13 de Octubre de 2016 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Rematada a mellora de máis dun quilómetro da estrada que sube ás Insuas, na parroquia de Atios

[Img #28019]

 

A Concellería de Vías e Obras, que dirixe Manuel Carrera, ven de rematar, con cargo a unha subvención da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, dentro do Plan Marco, a mellora da estrada que transita polas Insuas, na parroquia de Atios.


Cun orzamento total de 81.605 €, foi posible actuar en máis dun quilómetro no que se fixo o cambio do pavimento, o aumento do ancho do vial, nalgún treito ata dous metros, supresión de curvas, retirada de obstáculos, limpeza, establecemento de beirarrúas e pintado.


Como subliña Manuel Carrera, esta actuación puido levarse adiante grazas a cesión de terreo, “de xeito desinteresado, sen compensación económica”, por parte dos veciños que “levaban anos reivindicando a mellora desta estrada” na que hai zonas de especial perigo para a circulación.


Acabar con esta perigrosidade e garantir a seguridade víal foi o obxectivo principal da obra, que terá continuidade nos vindeiros meses, aproveitando que se cumpren os requisitos establecidos pola Axencia Galega de Desenvolvemento, que fixa, entre eles que o vial dea entrada a explotacións agrícolas, gandeiras ou, como neste caso, a montes veciñais.


Aproveitando as obras, o Concello acometeu, ademais, a colocación do saneamento para varias vivendas que, dende agora, ademais de entrada dende a nova estrada, disporán xa dun subministro de auga igual que o resto das veciñas e veciños do Porriño.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.