Martes, 25 de Noviembre de 2025

Xornal21
Jueves, 13 de Octubre de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

Comezan os cursos de natación e ximnasia para maiores do programa municipal “Exercítate”

Un total de 101 usuarios benefícianse desta iniciativa.

[Img #28055]

 

O tenente alcalde e edil de Deportes, Alberto Méndez, e a concelleira mosense de Educación e Participación Cidadá, Kely Monzón, visitaron esta semana ós alumnos e alumnas dos cursos iniciados de natación e ximnasia de mantemento do programa municipal “Exercítate” para persoas empadroadas no Concello de Mos maiores de 65 anos, ou pensionistas maiores de 55 anos. Realizan únicamente a actividade de natación 48 persoas e só a de ximnasia 33, mentres que asisten a ambos cursos: natación e ximnasia un grupo de 20 usuarios/as, o que suma un total de 101 beneficiarios/as. Cada curso divídese en dous grupos que teñen clase dous días á semana: os de natación son os martes e xoves de 10.45 horas a 11.30 horas e os mércores e venres de 11.00 horas a 11.45 horas, e os de ximnasia de mantemento son por unha banda os mércores e venres e por outra os martes e xoves, en ambos casos en horario de 10.45 horas a 11.45 horas.

 

O proxecto  “Exercítate” está dirixido á xente da terceira idade do Concello de Mos e a súa finalidade é mellorar a calidade de vida das persoas maiores, e potenciar tanto a saúde física coma a mental mediante actividades lúdico-deportivas.

 

Sobre este programa os representantes municipais Méndez e Monzón declararon  que “a actividade física é moi beneficiosa para a saúde, sobre todo practicándoa con regularidade, e con ela preténdese conseguir o mantemento da independencia funcional dos beneficiarios/as necesaria para o desenrolo das actividades de vida diaria básicas. Axuda tamén a previr enfermidades crónico-dexenerativas e a aparición dunha serie de limitacións que aínda que non constitúan secuelas dunha enfermidade impiden ou limitan a realización de moitas actividades. Do mesmo modo a actividade mental aporta incontables beneficios para a terceira idade, fomenta o envellecemento activo, retrasa a situación de dependencia e mellora a autoestima”.

 

Con todo isto, o proxecto “Exercítate” proporciona ás persoas maiores uns efectos beneficiosos, tanto preventivos que axudan a previr o envellecemento do cerebro e con el as enfermidades que teñen que ver coa perda da memoria (demencia, alzheimer, etc.), como de mantemento, rehabilitadores, psicolóxicos en canto desenvolve un espírito de superación importante que inflúe en todos os ámbitos de vida cotiás, á vez que axuda a combater o estrés, a ansiedade e a depresión e distrae e evade das preocupacións; e sociais, posto que favorece o traballo en equipo e desenvolve o espírito de compañeirismo.

 

O obxectivo xeral deste programa é mellorar a calidade de vida das persoas maiores do Concello de Mos, así como aumentar a súa independencia funcional e autoestima. Utilizando unha metodoloxía activa e moi participativa, baseada na dinámica de traballo grupal, buscando as vantaxes que pode ofrecer un grupo tales coma favorecer as relacións sociais, facer as  actividades máis amenas, etc.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.158

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.