Viernes, 21 de Noviembre de 2025

Xornal21
Miércoles, 12 de Octubre de 2016 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

‘Andaina dos Sentidos’, este domingo, día 16, dende O Porriño, Mos e Salceda, organizada para familias

[Img #28063]O Servizo de Prevención do Concello do Porriño organiza o vindeiro día 16 a ‘Andaina dos Sentidos’ que transitará por unha senda de 7 quilómetros e na que poderán participar familias non so do Porriño, senón tamén de Mos e de Salceda de Caselas.


O percorrido, que terá cinco paradas sorpresas, ten coma obxectivo propoñer unha xornada de ocio saudable, en  compañía, en contacto coa natureza e facendo traballar aos sentidos, de xeito individual e conxuntamente.


Haberá saídas de autobús dende O Porriño, na rúa Domingo Bueno á altura da Biblioteca, en Mos, dende o Edificio de Urbanismo, e en Salceda, na Devesa, dende ás 10 e meda da mañá. O día anterior da actividade, o persoal do Servizo de Prevención chamará a cada unha das familias participantes na andaina para concretar a hora exacta do paso do autocar pola súa localidade.


Os interesados en participar na mesma poden anotarse chamando ao teléfono 679 151 574. Dende o Concello lémbrase que o número de prazas é limitado.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.61

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.