Provincia
Silva reivindica o Día de Hispanidade como un recoñecemento á multiculturalidade e o respecto á diferenza
A Presidenta da Deputación avogou por unha celebración “sen complexos e afastada de extremismos e populismos que só conducen ao enfrontamento”
![[Img #28090]](upload/img/periodico/img_28090.jpg)
A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, presidiu este mércores en Baiona os actos conmemorativos do Día da Hispanidade e reivindicou no seu discurso “a celebración desta data na que o que recoñecemos é que hoxe, máis que nunca, é moi importante romper coas fronteiras para que os homes e as mulleres dos dous lados do océano poidan reencontrarse, respectando as diferenzas e as culturas, de modo que poidan camiñar xuntos”
Fronte a un auditorio, no Parador Conde de Gondomar, no que estaban presentes distintos representantes do Corpo Consular, en cuxo nome falou a Consul Xeral de Arxentina, os alcaldes de Baiona, Gondomar, Nigrán e Crecente, o conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia e diferentes autoridades civís e mandos militares, Silva avogou “sen complexos” polo recoñecemento do 12 de outubro “para aqueles que cremos que a irmandade entre os pobos merece un día tan importante, fronte aos que o cuestionan con demagoxia, con populismo e con críticas pouco racionais que só pretenden espertar o despropósito e o enfrontamento”
A Presidenta da Deputación recoñeceu que a historia nos deixou episodios escuros. “Houbo momentos dos que non podemos sentirnos orgullosos e que debemos cuestionar abertamente, pero tamén é certo que a historia sempre nos permite que o que non se fixo ben podamos convertelo en algo positivo, unir as diferenzas para poder construír un mundo no que nos podamos entender” . Silva insistiu en que o Día da Hispanidade recoñece que “América e Europa achegaron moitísimo a un mundo máis xusto, igualitario e libre. Trouxeron grandes cousas á humanidade, e iso é o que hoxe celebramos. Estamos obrigados a entendernos e relacionarnos, e non soamente a través de intercambios comerciais e económicos senón socialmente, desde a multiculturalidade. Iso permite que nos enriquezamos. Facémonos mellores, máis cultos. E iso é o que hoxe celebramos. E aqueles que non o entendan e queden nas mensaxes fáciles, pérdense ter unha mente global e entender que o mundo hoxe é un espazo onde convivimos e que a mellor forma de redimir o que se fixo mal, é facelo ben hoxe”
Na súa alocución, a presidenta provincial lembrou que en Arxentina o 12 de outubro é o día do respecto á diversidade cultural e en Costa Rica o día do encontro entre culturas, “e iso é o que tamén celebramos hoxe aquí”. Carmela Silva finalizou asegurando que “hai que dicilo alto e claro, sen complexos, e lonxe dos que queren construír o presente situándose só no pasado. Fronte a eles, nós estamos moi orgullosos de reivindicar este día, entendido como un recoñecemento a ese océano que foi capaz de que nos coñecésemos e nos recoñecésemos, coa emoción de formar parte dun mundo unido tamén por un idioma, para poder traballar desde a cohesión, o respecto e o entendemento”

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129