GALICIA
O Plan de reforzo de firmes prevé en 2017 un investimento de 20 millóns de euros
O obxectivo do Plan deste ano, que é actuar sobre 638 quilómetros de estradas, xa está cumprido ao 80 por cento.
O vicepresidente do Goberno galego en funcións, Alfonso Rueda, avanzou esta semana que o Plan de reforzo de firmes comprenderá en 2017 novas obras en 85 estradas da rede autonómica galega. Este plan suporá actuacións en 700 novos quilómetros cun investimento que, como en 2016, roldará os 20 millóns de euros.
Rueda subliñou que a Axencia Galega de Infraestruturas manterá o esforzo do Plan deste ano, que xa se atopa executado en máis do 80 por cento. O obxectivo para este exercicio é o de actuar sobre 638 quilómetros de estradas cunha mobilización de 24 millóns de euros. A día de hoxe xa se obrou sobre 520 quilómetros de estradas autonómicas.
Neste último ano a aposta pola mellora dos firmes cun triplo obxectivo: incrementar a comodidade na condución, procurar maior eficacia á Administración —xa que está acreditado que canto máis tempo pasen os firmes deteriorados máis custosa resulta a súa reparación— e mellorar a seguridade viaria.
Con respecto a isto, o vicepresidente en funcións indicou que precisamente o Plan de reforzo de firmes forma parte do Plan de seguridade viaria 2016-2020, aprobado a principios deste ano co fin de reducir nun 50 por cento as vítimas mortais nas estradas respecto a 2011.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101