Viernes, 16 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 19 de Octubre de 2016 Tiempo de lectura:
Provincia

A primeira edición de “Tecendo Lazos” contará cun presuposto de 60.000 euros

O programa pretende impulsar relacións entre xeracións encamiñadas á construción de sociedades máis xustas, integradas e solidarias

[Img #28153]

 

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar o expediente para a contratación, por importe de 60.000 €, da organización, desenvolvemento e execución da primeira edición do programa “Tecendo lazos”. O programa, impulsado polo servizo de cohesión social e xuventude, ten como obxectivo desenvolver obradoiros entre xeracións no ámbito do lecer e do tempo libre, encamiñados a construír sociedades máis xustas, integradas e solidarias partindo do impulso dos lazos afectivos.

 

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, destacou que “a través de “Tecendo lazos” pretendemos promover o envellecemento activo das persoas maiores, mellorando a súa actividade física, cognitiva e social e mellorar as habilidades sociais, empatía e tolerancia cara o diferente das mozas e mozos da provincia”.

 

“Tecendo lazos” terá vixencia ata o 15 de xaneiro de 2017 e será ofertado a todos os concellos de menos de 20.000 habitantes en forma dos obradoiros “Risos en familia”, “Coas mans nos pucheiros”, “Álbum familiar”, “Brincadeiras de sempre” e “O noso son”. Nestas actividades terán preferencia as persoas que se anoten en familia e pertenzan a diferentes xeracións.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.