Galicia
Galicia aforrará 65 M€ ao beneficiarse do fondo de financiamento para comunidades que cumpren o déficit
“Imos seguir mantendo o modelo de crecemento baseado en controlar o déficit e a débeda; reforzando o gasto social, que agora chega ao 80% do orzamento; mantendo o gasto investidor; e seguiremos pagando con axilidade aos provedores”, afirmou Rueda
![[Img #28154]](upload/img/periodico/img_28154.jpg)
O vicepresidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, destacou o pasado día 13 na rolda de prensa do Consello que Galicia aforrará 65 millóns de euros ao beneficiarse neste 2016 do Fondo de Financiamento para comunidades que cumpren o déficit.
Logo de que o Consello da Xunta aprobase o acordo de adhesión ao Fondo de Facilidade Financeira correspondente ao cuarto trimestre de 2016, Rueda salientou que só Galicia e Canarias se poden adherir a este fondo, “xa que son as únicas que cumpriron”, dixo, precisando que a comunidade galega pechou o pasado exercicio cun déficit do 0,68%, por debaixo do límite do 0,7% fixado polo Consello de Política Fiscal e Financeira.
Durante a súa intervención, o vicepresidente en funcións lembrou as numerosas vantaxes deste fondo que ofrece financiamento a custe 0, incidindo en que isto permitirá á comunidade aforrar en xuros 65 millóns de euros coa adhesión a este mecanismo neste 2016.
Alfonso Rueda afirmou que Galicia quere seguir sendo a comunidade de referencia no control do déficit e da débeda pública. “Seguimos pensando que este é o mellor camiño: non gastar o que non temos, non hipotecar o futuro de vindeiras xeracións e seguir co rigor nas contas públicas”, asegurou, facendo fincapé en que tamén é a autonomía que menos incrementou o seu volume de débeda desde 2008.
Sobre este punto, recordou que Galicia ten unha ratio de débeda seis puntos inferior á media; é a terceira que menos aumentou o seu déficit desde 2010, cumprindo cada ano os límites fixados polo Consello de Política Fiscal e Financeira, e mantense entre as autonomías que pagan con máis axilidade aos seus provedores, case un mes antes que a media.
“Imos seguir mantendo o modelo de crecemento baseado en controlar o déficit e a débeda; reforzando o gasto social, que agora chega ao 80% do orzamento; mantendo o gasto investidor, e somos a comunidade cun maior esforzo en 2015; e seguiremos pagando con axilidade aos provedores”, abundou.
Rueda concluíu asegurando que Galicia seguirá coa folla de ruta marcada polo Plan Estratéxico de Galicia ata 2020. “Xa crecemos a un ritmo do 3% e queremos acadar un crecemento medio do 2,5% ata 2020; fixemos a maior baixada de impostos da historia da Autonomía e seguiremos afondando nese camiño; e os principais indicadores macroeconómicos nos apoian, como as exportacións ou o índice de produción industrial”, dixo, facendo fincapé en que co este modelo, “queremos seguir consolidando a recuperación económica de Galicia”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101