Viernes, 16 de Enero de 2026

Xornal21
Domingo, 16 de Octubre de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Profesionais do Álvaro Cunqueiro ensinaron a un millar de escolares as técnicas de reanimación cardiopulmonar

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, achegouse ao IES de O Castro para participar nesta iniciativa e celebrar o Día Europeo de Concienciación ante o Paro Cardíaco, que este ano ten por lema “ Os nenos salvan vidas”.

[Img #28158]

 

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, achegouse esta semana ao IES de O Castro de Vigo, para participar no obradoiro levado a cabo polos profesionais do Servizo de Medicina Intensiva do Álvaro Cunqueiro, co obxecto de conmemorar o Día Europeo de Concienciación ante o Paro Cardíaco, que este ano ten por lema “ Os nenos salvan vidas”.

 

Desenvolveuse unha actividade informativa e formativa dirixida, especificamente, aos nenos e nenas, co obxecto de sensibilizarlles da relevancia da morte súbita cardíaca e estimular a educación sanitaria nas técnicas de Resucitación Cardiopulmonar (RCP).

 

Neste senso, un equipo de 18 profesionais sanitarios -persoal médico e de enfermería do devandito servizo- desprazouse hoxe a seis IES da área de Vigo, para dar a coñecer aos estudantes unhas nocións básicas da reanimación cardiopulmonar. Os centros participantes foron, ademais de “O Castro”, o “Carlos Casares”, o “Ricardo Mella”, o “Pino Manso” de Porriño, o “Primeiro de Marzo” de Baiona, e o IES de Beade.

 

 

 

 

Presentouse un vídeo informativo realizado polo propio persoal do servizo no que se amosan os pasos a seguir na atención a unha vítima que sofra un paro cardíaco

 

 

 

 

En total, case un millar de mozos e mozas participaron nesta actividade, na que puideron visualizar un vídeo realizado polo propio persoal do servizo, que ensina os pasos que deben seguirse na atención a unha vítima que sofra un paro cardíaco, así como o adestramento na realización das técnicas de resucitación (RCP).

 

O conselleiro de Sanidade, que estivo acompañado polo xerente da EOXI de Vigo, Félix Rubial e a xefa do Servizo de Medicina Intensiva do HAC, Dolores Vila, remarcou que o 061 atende en Galicia unhas 780 incidencias por morte súbita ao ano fóra do hospital. Así, calquera persoa, tamén os nenos e adolescentes, poder ser testemuñas dunha parada cardiorrespiratoria, de aí a importancia de formar á poboación en coñecementos sobre reanimación cardiopulmonar. O momento idóneo para comezar a formarse neste campo é xa na escola e nos institutos, para que dende moi nova a cidadanía saiba que facer nestas situacións, -remarcou-.


Eslabóns da cadea de supervivencia


A principal causa de paro cardíaco, xeralmente de aparición repentina e inesperada nunha persoa que aparentemente atópase sa e en bo estado de saúde, é o infarto agudo de miocardio, que provoca una fibrilación ventricular (arritmia que ocasiona que o corazón perda a súa capacidade de contraerse de forma organizada, polo que deixa de latexar e de bombear sangue cara todo o organismo). A persoa que sufre un paro cardíaco e non é atendida rapidamente pode morrer ao cabo duns minutos.

 

Segundo organismos internacionais, para que a supervivencia por paro cardíaco aumente, ao redor do 20% da poboación debería estar formada en técnicas de Resucitación Cardiopulmonar, o que no noso país equivale a formar a nove millóns de persoas.

 

 

 

 

As técnicas de RCP poden elevar as taxas de supervivencia un 40% tras parada cardíaca

 

 

 

 

A xefa do Servizo de Medicina Intensiva do HAC, Dolores Vila, explica os chamados “eslabóns da cadea de supervivencia” que son, a alerta precoz aos servizos de urxencias, o comenzo das manobras de Resucitación Cardiopulmonar básica, seguido de desfibrilación precoz e rematando co apoio cardiovascular avanzado, prestado polos servizos de urxencias e emerxencias. “En España, o segundo eslabón, o inicio de manobras de RCP polas testemuñas, segue sendo débil, e só se fai nun de cada cinco pacientes. Por isto, temos que mellorar a resposta ante esta situación, e a educación nesta materia á cidadanía é un punto clave para acadalo”-afirma a especialista-.

 

Así pois, considerando que a supervivencia de moitas vítimas depende da Reanimación Cardiopulmonar e da desfibrilación precoz, e tendo en conta que a intervención dentro dos 3-4 primeiros minutos pode aumentar as posibilidades de supervivencia a máis do 40%; de aumentar a porcentaxe de persoas que aprenden e inician as medidas de RCP poderíanse salvar 100.000 vidas en Europa cada ano. “Ademais, os primeiros minutos son fundamentais non só para a supervivencia senón para reducir as secuelas “-.asegura a especialista-.

 

Sinalar, por último, que o servizo de Medicina Intensiva do CHUVI está a levar a cabo un programa de formación desde hai anos, acreditado, para os profesionais sanitarios e non sanitarios, sendo un obxectivo a extensión a outros colectivos (colexios, policías, funcionarios, etc).

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.