Domingo, 18 de Enero de 2026

Xornal21
Lunes, 17 de Octubre de 2016 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

Tomiño pon en marcha a Oficina Municipal de Igualdade cun servizo de asesoramento xurídico á muller

O horario de atención ao público será luns e mércores, de 16.30 a 20.30 horas, nas instalacións dos Servizos Sociais municipais, previa petición de cita no 986 622 002.

[Img #28165]O Concello de Tomiño vén de por en funcionamento a Oficina Municipal de Igualdade, cun servizo de asesoramento xurídico, que empezará a atender ao público o vindeiro luns, 17 de outubro, tras dedicar os primeiros días á organización e contactos cos axentes e institucións locais.

 

A través desta nova oficina, ofrecerase asesoramento e orientación, tanto en asuntos de Dereito de Familia, coma el calquera outro ámbito relacionado coa igualdade, con especial atención ás vítimas de violencia de xénero, mulleres en situación de vulnerabilidade ou con dificultades especiais.

 

Asemade, darase información sobre recursos existentes, e xestionarase a derivación a outros servizos da Administración, se fora necesario.

 

En colaboración con outros servizos municipais, canalizaranse actuacións que poida levar a cabo o Concello co fin de fomentar a igualdade efectiva entre mulleres e homes, e prevención da violencia machista.

 

 

 

 

O servizo ponse en marcha grazas á subvención concedida pola Deputación de Pontevedra para actuacións comprendidas até o 31 de decembro deste ano

 

 

 

 

Segundo explica a concelleira de Servizos Sociais, Cristina Martínez,  o servizo ponse en marcha grazas á subvención concedida pola Deputación de Pontevedra para actuacións comprendidas até o 31 de decembro deste ano.

 

O horario de atención ao público será luns e mércores, de 16.30 a 20.30 horas, nas instalacións dos Servizos  Sociais municipais, previa petición de cita no teléfono 986 622 002.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.