Miércoles, 14 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 21 de Octubre de 2016 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

A alcaldesa asina o convenio coa Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián

[Img #28210]

 

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, e a presidenta da Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián, Carmen Rodríguez, asinaron este mércores un convenio de colaboración entre  o Concello e a entidade veciñal.


O devandito convenio permitirá á Asociación sufragar parte das actividades que impulsa ao longo do ano, e que van dende iniciativas culturais, como o Certame de Literario Manuel Otero Saavedra, que aínda está aberto para a entrega de orixinais, a visita á Ribeira Sacra ou o programa de cine nos barrios; iniciativas relacionadas co benestar e a natureza, coma a Andaina Saudable ou a Feira Ecolóxica do pasado mes de abril, e proxectos coma a Festa do Chouipán ou, o vindeiro día 5 de novembro, o Calacú que entre outras propostas ten planificada unha serie de talleres de cabazos.


García de la Torre agradeceu á Asociación de San Benito e San Sebastián todo o traballo que desenrola “en beneficio das veciñas e veciños desta parte do concello e de todos os porriñeses en xeral”, amosou a súa admiración polo dinamismo, a imaxinación e a orixinalidade de todas as súas iniciativas e comprometeuse a duplicar, o ano que ven, a cantidade que o Concello aporta á asociación.


A alcaldesa lembrou que no que vai deste ano, o Concello aprobou un orzamento total de preto de 90.000 € para beneficiar a un total de dezaseis asociacións, colectivos e entidades veciñaís e, sobor de todo, culturais do Porriño.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.