Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 21 de Octubre de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Carmela Silva anuncia un convenio coa Asociación de Jóvenes Empresarios para cederlles unha oficina no viveiro de Barro-Meis

A Presidenta de AJE subliña que en 26 anos de funcionamento é a primeira vez que se atopa un apoio similar.

[Img #28221]

 

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, anunciou esta semana a cesión gratuíta dun espazo  no viveiro de Barro-Meis tras manter unha xuntanza coa presidenta da Asociación de Jóvenes  Empresarios (AJE), Lucía Pedroso.

 

Esta cesión do espazo para desenvolver un proxecto empresarial, que  aínda está por definir si será unha oficina ou unha das naves, formalizarase mediante un convenio de colaboración entre AJE e a Deputación de Pontevedra, co que preténdese apoiar a cultura do emprendemento entre os xóvenes.

 

Carmela Silva subliñou que con este convenio a Deputación quere potenciar a cultura de emprendemento entre a poboación máis xoven xa que “as administracións debemos ser vehículos para que  entidades como AJE,  que son creadoras de riqueza e de tecido empresarial na nosa provincia, podan desenvolver o seu traballo”.

 

Pola súa banda, Lucía Pedroso agradeceu a disposición da Presidenta da Deputación de Pontevedra a colaborar con AJE e gran receptividade mostrada coa asociación para apoiar todas as iniciativas. “En 26 anos que leva funcionando AJE é a primeira vez que firmamos un convenio como este da Deputación e consideramos moi importante que as administración apoien os proxectos de emprendemento como é este caso”.

 

Na xuntanza de hoxe, a presidenta de AJE, aproveitou para presentarlle a Carmela Silva o “Premio Xoven Empresario do Ano”, que xa vai pola súa vinte unha edición e que serán entregados o próximo 11 de novembro.

 

Pedroso destacou que este espazo cedido pola Deputación de Pontevedra no viveiro de Barro- Meis vai ser un dos premios que AJE entregará nalgunha das distintas categorías do premio.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.