MOS
O goberno local trasládalle a Santos Héctor problemas pendentes de resolver pola Deputación
O Secretario Xeral do PSOE de Pontevedra estivo respaldado polos concelleiros socialistas mosenses
![[Img #28229]](upload/img/periodico/img_28229.jpg)
Foi recibido ademais por diversos membros do equipo de goberno local, o tenete alcalde, Alberto Méndez, e os edís Julia Loureiro, Luis Alonso e Kely Monzón. Méndez saudouno e deulle a benvida trasladándolle a satisfacción de recibir a súa visita, pero lamentando "que non o acompañase Carmela Silva, presidenta da Deputación, para que esta puidese coñecer de primeira man as necesidades de Mos". Alberto Méndez suxeriulle a Santos que "se a visita de Silva se produce, que avisen con antelación, a diferencia do que aconteceu nesta ocasión, para que poida estar presente a Corporación Municipal ao completo". Ademais o tenente alcalde aproveitou para trasladarlle a Santos Héctor diversos problemas en Mos "pendentes de resolver por parte da Deputación".
Sobre a visita ó Concello de Mos do Secretario Xeral do PSdeG-PSOE na provincia de Pontevedra, Santos Héctor, a alcaldesa de Mos e voceira do grupo provincial do Partido Popular na Deputación de Pontevedra, Nidia Arévalo, aledouse de que “grazas á visita do presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, á Deputación fai uns días, os socialistas se mobilizaran e se puxeran a traballar, aínda que sexa ‘copiando’ literalmente o noso xeito de traballar e as nosas iniciativas; como nos teñen acostumados dende que tomaron posesión como goberno da administración provincial”.
“Pero o que non nos copian, señores socialistas, é a actitude de ir coa verdade por diante, porque a verdade é que vostedes investiron en Mos a metade do que o fixo o anterior goberno provincial, deixando na estacada non só ao Concello, senón a numerosos colectivos, asociacións veciñais e culturais, clubes deportivos, agrupacións sociais, etc. Veñen a Mos a presumir de programas que xa desenvolvía o anterior goberno da Deputación e que vostedes se limitaron a cambiarlle, pero ‘só un pouco’ non fóra a ser demasiado o esforzo, o nome” asegura Arévalo.
A alcaldesa e vicepresidenta provincial dos populares recomendoulle a Santos Héctor que “debería ter revisado que é o que pasa, cal e a realidade de Mos, para non vir mentir descaradamente á porta do Concello. O que pasa en Mos é que a nova Deputación de Pontevedra deixou completamente ‘tiradas’ ás asociacións veciñais e culturais, que deixou na estacada ós case 400 alumnos e alumnas da Escola Municipal de Música ó retirarlle a subvención anual de 5.000 euros, que se lle enche a boca dicindo que a Deputación colabora con Asodifisi (Asociación de Diminuídos Físicos e Psíquicos de Mos) cando dun plumazo lle reduciu a subvención provincial á metade do que tiña antes, que abandoou ós concellos gravemente afectados polo temporal do pasado inverno á súa sorte, que ten as estradas provinciais nun total estado de abandono…”.
“E que dicir dos membros do grupo municipal socialista”, continuou Nidia Arévalo, “pois que o seu Secretario Xeral di que eu non velo polos intereses dos mosenses e só me dedico a confrontar, pero resulta que són os socialistas mosenses os que sempre votan en contra de todas as peticións que dende o Concello lle facemos á Deputación, véxase de axudas ás asociacións, de colaboración para solventar os desperfectos dos temporais, etc”. Ante isto o PSOE de Mos non pode dar leccións de moralidade, porque os seus votantes os votaron para que defendesen os intereses do municipio e o único que fan é defender os intereses do PSOE”.
![[Img #28228]](upload/img/periodico/img_28228.jpg)
De todos xeitos Arévalo asegura que “estamos contentos de que un representante do goberno da Diputación veña ao Concello de Mos, pero o mínimo sería, polo menos, avisar”. “Sabemos que quixeron empregar a mesma fórmula que Alfonso Rueda, pero Rueda sempre lle avisa á señora Carmela Silva, presidenta da Deputación”.
Nidia Arévalo celebra a visita de Santos Héctor porque "é o único xeito de que os concelleiros e concelleiras socialistas mosenses pasen polo Concello, xa que se caracterizan por vir tan só en casos concretos coma o de hoxe ou a Plenos e Comisións para cobrar por asistencia. Por iso a alcaldesa anima ó Secretario Xeral socialista a que veña a Mos máis veces para así aportar fluidez á relación entre goberno de Mos e PSOE, tanto local como provincial".
“Viron a mentirnos descaradamente na nosa cara porque é mentira que agora estean a investir máis que antes en Mos, e dispomos dun certificado do Interventor que avala o que digo”.
Respecto do reparto dos orzamentos provinciais co sistema do Plan de Concellos Arévalo tíldao de “inxusto e inoperativo, pois os concellos reciben menos diñeiro, as estradas provinciais están desatendidas e os colectivos quedan fóra, totalmente desprotexidos e desamparados”.
Rematou Nidia Arévalo lembrándolle por último á presidenta da Deputación que “non se dignou a visitar a 18 municipios da provincia nos que goberna o PP e entre os que se atopa Mos, incumprindo a súa promesa de que durante o seu primeiro ano de mandato visitaría tódalas localidades pontevedresas e non o fixo”.
“Polo menos visitounos o señor Santos Héctor, xa era hora de que algún representante da Deputación de Pontevedra nos visitase, pero esperamos que a próxima visita inclúa a toda a Corporación Municipal e que veña tamén a presidenta provincial, a señora Silva, e por suposto se nos avisan antes de vir moito mellor”, concluiu a rexedora local mosense.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60