O PORRIÑO
O PP solicita a supresión da autorización de acceso en dirección contraria ao garaxe Dovaz
A Alcaldesa autorizou por decreto o acceso en dirección contraria ao garaxe situado na rúa Cando mediante un semáforo accionado a distancia polos residentes no inmoble.
O grupo municipal do Partido Popular do Porriño incluirá no próximo pleno unha moción esixindo, entre outras cuestións, a inmediata anulación da autorización dada polo Goberno Municipal aos residentes do Edificio Dovaz para acceder en sentido contrario á circulación pola rúa Cando.
"O pasado 2 de setembro deste ano, a Alcaldesa autorizou mediante Decreto aos residentes de debandito edificio, situado na rúa Cando á altura do paso a nivel, a acceder ao garaxe do inmoble en sentido oposto ao regrado nesa rúa e, ademáis, establecía que o acceso autorizado se faría por medio de regulación semafórica" explican.
"Falamos dun semáforo instalado hai meses na fachada do edificio que os residentes accionan cun mando a distancia e que corta o tráfico na rúa Cando para que estes, accedan dende a rúa Peña ao seu garaxe. Un semáforo que está en uso hai tempo pese a non contar coa correcta sinalización vertical e horizontal necesaria para regular a circulación, creando unha obvia e preocupante situación de risco para peóns e vehículos" din os populares.
Os populares consideran que "se trata dunha resolución totalmente arbitraria que non atende ao interese xeral, senón ao beneficio particular dunha comunidade de veciños e que senta un obxectivo precedente"
Esta medida se toma a instancias da comunidade de veciños do o inmoble que solicitou o permiso para acceder en dirección contraria, polo que, atendendo ao procedemento reglado da administración pública, no expediente da solicitude deberían figurar os pertinentes informes técnicos, xurídico e da Xefatura da Policía Local que respalden ter acordado dita medida.
"Entendemos que estamos ante unha resolución totalmente arbitraria que non atende ao interés xeral, senón ao beneficio particular dunha comunidade de veciños", sinala o portavoz popular, Carlos Martínez, "esta medida senta un precedente obxectivo que da pe a que outros veciños, desta ou outras rúas do Porriño, soliciten tamén a modificación do tráfico atendendo ás súas particularidades".
É dicir, unha medida tomada "a medida" polo que, os populares solicitan a inmediata suspensión da autorización de acceso en dirección contraria pola rúa Cando ao garaxe do inmoble mediante a regulación do semáforo. Piden ademáis ao Goberno Municipal que permita o acceso ao resto dos grupos municipais ao expediente obxecto de dita resolución así como aos informes técnicos, xurídicos e da Xefatura da Policía Local do Porrriño que xustifican dita medida.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191