Miércoles, 14 de Enero de 2026

Xornal21
Martes, 25 de Octubre de 2016 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Concello do Porriño acadou, este mes de outubro, a ‘débeda cero’

[Img #28268]O Concello do Porriño está xa, dende inicio deste mes de outubro,en ‘débeda cero’. Como indicou a alcaldesa, Eva García de la Torre, unha “xestión económica modélica” e o feito de que haxa partidas orzamentarias que non se esgoten, fai posible que se veña de engrosar o remanente de Tesourería que, dacordo cos seus cálculos, superaría os 6 millóns de euros netos.


Isto supón que nos orzamentos municipais de 2017, engade a rexedora, non sexa necesario dotar partida algunha para o pago de débeda, aínda que García de la Torre considera que “é unha anomalía acumular un remanente de Tesourería tan importante” e, considerando esta circunstancia, agarda poder pactar os novos presupostos,“para destinar esa cantidade a inversións necesarias para O Porriño, coma todas as que propoñen os grupos da oposición nos Plenos da Corporación”.


A alcaldesa subliña que estas cantidades poderían dedicarse aos proxectos pendentes de saneamento, fomento do emprego, Benestar, á mellora de infraestruturas, como estradas e camiños, vías e obras, necesidades das parroquias ou parques públicos, ”entre moitísimas outras demandas das veciñas e veciños da vila”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.