PROVINCIA
Preto de 1.400 persoas de 14 concellos da provincia participarán esta fin de semana no programa “En ruta coa Depo”
En total 19.000 persoas gozan, a través desta iniciativa, de alternativas de lecer dinámico e saudable para coñecer lugares emblemáticos da provincia.
![[Img #28271]](upload/img/periodico/img_28271.jpg)
“En ruta coa Depo”, programa da Deputación de Pontevedra xestionado a través do Servizo de Cohesión Social e Xuventude, organiza para esta fin de semana novas saídas pola provincia, nas que van participar preto de 1.400 persoas pertencentes a asociacións dos concellos de Cerdedo, Lalín, Baiona, Salceda de Caselas, Cangas do Morrazo, O Grove, Catoira, A Estrada, Pontevedra, Mos, Vigo, Moaña, Tui e Nigrán.
En concreto, nas rutas desta fin de semana participarán a Asociación de Maiores Contamos de Cerdedo; a Asociación de Familias e Mulleres do Medio Rural e Asociación de Veciños San Xoan de Vilanova de Lalín; a Asociación de Amas de Casa de Baiona; a Asociación de Xubilados e Pensionistas, A Asociación MMRR Caselas e a Asociación de Veciños/as Agrícola e Cultural San Tomé de Parderrubias (Salceda de Caselas); a Asociación de Veciños Terra da Laxe de Pinténs e Juan XXIII Centro Cangas (Cangas do Morrazo); ASXUPEN e a Confraría de Pescadores San Martín do Grove; a Asociación de Amas de Casa “Muíños do Vento” de Catoira; a Asociación de Veciños Decoita de Riobó e de San Brais de Vinseiro da Estrada; a Sociedade Cultural e Deportiva de Mourente de Pontevedra; A.R.C. de Guizán de Mos; a Asociación Gallega de Amigos del Rocío de Vigo; o Club de Xubilados Santa Eulalia de Meira de Moaña; a Asociación Cultural Santiago de Malvas de Tui e a Fundación Menela de Nigrán.
Estas asociacións realizarán rutas polo concello do Grove, con paseo en barco pola ría de Arousa; visitarán o concello de Pontevedra e edificios da Deputación Provincial; percorrerán Barro, Portas e Caldas de Reis; achegaranse ó conxunto histórico de Cambados, percorrendo a senda fluvial do río Umia en Ribadumia e unha adega; visitarán o concello da Guarda e Tui; percorrerán a Illa de San Simón e Redondela; achegaránse ás Illas Cíes e o casco vello de Vigo; realizarán rutas por Catoira, Cuntis e Vilagarcía de Arousa; visitarán os atractivos turísticos do concello de Silleda; percorrerán os museos, Pazos e complexos arqueolóxicos e etnográficos de Lalín e achegaranse ata a Illa de Ons, Pontevedra e Marín, visitando Apípolis, a Granxa de Briz e o Lago Castiñeiras.
“En Ruta coa Depo” é un programa da Deputación de Pontevedra que propón alternativas de lecer dinámico e saudable pretendendo mellorar a participación, a convivencia e a cohesión social dos distintos colectivos sociais da provincia de Pontevedra. Ofŕecense case vinte rutas distintas por lugares emblemáticos da provincia con distintos tipos de propostas para todos os públicos: rutas dinámicas e activas para a xente máis moza, rutas interxeracionais para Anpas e familias, rutas adaptadas para persoas con mobilidade reducida, rutas marítimas e rutas por enclaves singulares. Este programa, xestionado a través do Servizo de Cohesión Social e Xuventude, vai permitir que, ata finais de ano, máis de 18.000 persoas coñezan mellor a provincia. Invístese un total de 238.500 euros nesta iniciativa.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149