Martes, 27 de Enero de 2026

Xornal21
Martes, 25 de Octubre de 2016 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

O PSOE mantén o seu "compromiso co goberno municipal" despois da renuncia de Mario Lago

Din que "o relevo de Mario Lago estaba previsto dende hai varios meses".

Dende a Executiva Local do PSdeG de Ponteareas, queremos comunicar  a continuidade inequívoca do compromiso adquirido cos cidadáns nas eleccións municipais. Asemade queremos manifestar a solidez e vixencia do pacto de goberno acadado con outras forzas políticas para dar reposta ás necesidades e demandas dos cidadáns de Ponteareas.


O respeto responsable a estes dous compromisos foi  unha decisión unánime dos militantes e simpatizantes, nas sucesivas reunións mantidas na Agrupación Local, a raíz dos acontecementos xurdidos nos órganos federais do partido.  A continuidade do traballo dos nosos concelleiros no goberno municipal foi un compromiso colectivo, por respeto e responsabilidade cos cidadáns e co pacto de goberno local.


Aínda que non nos guste que nos teñamos enterado pola prensa da renuncia do noso compañeiro Mario Lago, tamén é certo que o seu relevo estaba previsto dende hai varios meses,  e non vai alterar para nada a decisión de que unha nova compañeira se faga cargo da Concellería de Comercio e Consumo. Unha nova concelleira, da que estamos seguros vai saber xestionar e dar a resposta mais axeitada ás demandas e necesidades dos comerciantes , hostaleiros e consumidores de Ponteareas.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.