Martes, 20 de Enero de 2026

Xornal21
Jueves, 27 de Octubre de 2016 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

Os socialistas levan a pleno a constitución dunha comisión para o estudo do carril bici

Despois de que un gran número de veciños e veciñas, colectivos veciñais e culturais e plataformas mostraran o seu desacordo con esta infraestrutura, o grupo municipal socialista levará este venres a pleno unha iniciativa para crear unha comisión informativa que lle dea voz as inquedanzas veciñais na procura dunha solución.


Dende diferentes colectivos, os veciños mostran a súa preocupación pola seguridade do mesmo, así como aspectos tales como que o uso que se lle está dando non é o fin polo que foi proxectada esta obra. Distintas motivacións que levaron a que os veciños se organizasen na recollida de firmas en contra do carril.


Dende o grupo municipal, explican a obriga que ten a administración de escoitar ós veciños e de velar pola súa seguridade. Con este sentir, solicitan a creación dunha comisión onde participen todas as forzas políticas, que estudie  con detalle todos os aspectos desta infraestrutura. Explican, que xa no pleno de decembro de 2014, o seu grupo, incidiu en parar a obra antes de rematala e estudiar os aspectos de mellora, ante as queixas veciñais. 

Nese mesmo pleno, o Alcalde asume a creación dunha comisión. En vista de que ese acordo, non se levou a cabo, instamos o equipo de goberno a que o poñan en marcha de inmediato, se constitúa a citada comisión e se inicie un diálogo social coa veciñanza, para escoitar as súas propostas e tomar decisións en relación coas melloras, a seguridade, modificacións e demais aspectos desta obra.


A voceira Verónica Tourón, incide en que a anterior voceira Marina Cabaleiro, xa mostrou no seu día a necesidade de buscarlle melloras a esta obra, que a pesar de ser aprobada por toda a corporación, xa mostrou a súa desconformidade naquel momento, posto que no intre de iniciar a obra comezouse a evidenciar a problemática.


As concelleiras, explican tamén que trataron este tema coa Deputación, administración que no seu día financiou a obra, pero o estar xa recepcionada polo concello, correspóndelle agora a este a toma de decisións sobre a mesma.


Trátase por tanto, de escoitar os veciños e veciñas e poñerlle fin a unha problemática que se ven arrastrando dende o inicio da obra, e sobre todo evitar males maiores en canto ós problemas de seguridade.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.