Jueves, 15 de Enero de 2026

Xornal21
Jueves, 27 de Octubre de 2016 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

A alcaldesa e o concelleiro de Industria visitan Quobis

[Img #28324]

 

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, acompañada polo concelleiro de Industria, Marcelino Coto, visitou este PASADO martes sede de Quobis, a empresa viguesa que traballa para empresas da importancia de Bosch, Alcampo ou PSA Peugeot-Citroën.  


Quobis, firma especializada en enxeñería de telecomunicacións, desenvolve proxectos de Infraestruturas Comúns de Telecomunicacións (ICT’s), deseño de redes de voz e datos ou instalación de redes sen fíos baseadas na tecnoloxía WiMAX, ten a súa central no Polígono de A Granxa e conta con máis de 30 traballadores.


Na actualidade é unha das compañías punteiras no seu sector grazas a varios dos seus programas, como un identificador de voz que permite recoñecer aos clientes durante unha chamada.


Ademáis, deseña un sistema que detecta fraudes nos servizos de comunicacións, desenrola xunto a R, Coremain ou Optare Solutions, un produto que estuda as preferencias dos usuarios e mellora o trato aos clientes ou impulsa en preto dunha ducia de proxectos de investigación de desenrolo.


Esta visita entra no marco do contacto permanente  que a alcaldesa e o concelleiro manteñen, dende o principio do mandato do actual Goberno local, coas empresas e firmas radicadas no Porriño para coñecer en profundidade as súas necesidades, os seus proxectos e abrir canles de comunicación que permitirán mellorar a rendibilidade e actividade das mesmas. 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.