Lunes, 22 de Diciembre de 2025

Xornal21
Miércoles, 26 de Octubre de 2016 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

Máis de 500 persoas acudiron á exposición A Nosa Memoria

[Img #28333]

 

Ao longo da fin de semana do 20 ao 22 de outubro, dentro da exposición “A Nosa Memoria”, adicada á memoria histórica de Salvaterra, máis de 500 veciños e veciñas puideron recordar unha parte esquecida da nosa historia.

 

A apertura de portas tivo lugar o venres 20 ás 19:30h e xa nas primeiras horas foron decenas de persoas ás que foron até as Covas de Dona Urraca para ver as fotografías e documentos da época.

 

Na exposición, dentro das preto de 60 fotografías, podían consultarse listaxes de persoas represaliadas  ou asasinadas de Salvaterra, algo que causou un gran impacto entre os visitantes ao descoñecer o gran número elevado que había.

 

O domingo 23 tivo lugar un acto de homenaxe no que interviñeron Xesús Alonso Montero, Pte. Da Real Academia Galega, Xosé Ramón Paz Antón, Historiador, investigador e Fernando Abreu, que amenizou a xornada coa súa música.

 

Xesús Alonso Montero leu a carta que José Domínguez González, Tte. De Alcalde de Salvaterra,  escribira a súa namorada horas antes de ser fusilado,  como resultado foi unha intervención moi emotiva, Xosé Ramón Paz Antón  fixo un repaso pola historia do agrarismo en Salvaterra e na contorna, e Fernando Abreu tocou varias peces entre as intervencións.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.