MOS
Entre hoxe e mañá Mos sinaliza todas as súas igrexas e capelas
Esta actuación é posible grazas a unha subvención de Turismo de Galicia.
![[Img #28357]](upload/img/periodico/img_28357.jpg)
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Cultura, Sara Cebreiro, supervisaron esta mañá a instalación de parte dos sinais indicativos das igrexas, ermidas e capelas do termo municipal mosense, que constitúen un dos principais recursos turísticos do medio rural do Concello.
Os traballos de colocación prolongaranse durante as xornadas de hoxe e mañá, quedando mañá venres instalados os devanditos sinais na súa totalidade. Dita dotación de sinais turísticos é posible grazas á subvención para o fomento da accesibilidade e sinalización nos recursos turísticos do medio rural do Concello de Mos, concedida por Turismo de Galicia e cofinanciada polo Fondo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco PDR de Galicia 2014-2020.
A inversión realizada na execución deste proxecto de sinalización de igrexas e capelas ascende a 50.000 euros e mediante a realización do mesmo preténdese a posta en valor do patrimonio mosense, segundo explican as representantes municipais Arévalo e Cebreiro.
Os obxectivos que se perseguen coa instalación dos novos sinais son fortalecer o sentimento de identidade entre os habitantes do Concello e sobre todo dos da parroquia onde se localiza cada recurso, xerar unha iconografía propia que pretende potenciar unha das etapas máis importantes dentro do arte e historia de Galicia, coma é o románico, servir coma elemento de sinalización viaria mellorando e complementando os sistemas existentes, e consolidar o Sistema de Sinalización Turística de Galicia, mediante novas elementos que seguen a liña marcada no mesmo.
Dentro deste proxecto estase a realizar a sinalización das igrexas das 10 parroquias do Concello de Mos, capelas e ermidas.
Para elo instálanse un total de 40 elementos: 20 sinais coa finalidade de identificar as 10 igrexas e 9 capelas e 1 ermida. 19 sinais direccionais que sirvan de orientación coa finalidade de poder chegar ás igrexas e capelas dunha forma clara e segura dende os camiños municipais do rural. E un cartel na parroquia de Petelos, na Praza do Concello de Mos, onde se poden identificar todas as igrexas, capelas e a ermida incluídas no presente proxecto de sinalización.
As igrexas, capelas e ermida que se sinalan coas sinais que figuran no proxecto e que se están a colocar nestes intres son as seguintes:
Igrexa de San Salvador (Parroquia de Louredo)
Igrexa de Santa María (Parroquia de Guizán)
Igrexa de San Mamede (Parroquia de Torroso)
Igrexa de Santa Mariña (Parroquia de Dornelas)
Igrexa de San Martín (Parroquia de Tameiga)
Igrexa de San Mamede (Parroquia de Petelos)
Igrexa de Santa Eulalia (Parroquia de Mos)
Igrexa de San Miguel (Parroquia de Pereiras)
Igrexa de San Pedro (Parroquia de Cela)
Igrexa de Santa María (Parroquia de Sanguiñeda)
Capela de San Gregorio (Parroquia de Louredo)
Capela de Santiaguiño (Parroquia de Guizán)
Capela de San Xoán (Parroquia de Torroso)
Capela de Nosa Señora de Francia (Parroquia de Dornelas)
Capela de San Eleuterio (Parroquia de Tameiga)
Capela de San Amaro (Parroquia de Petelos)
Capela de Santa Marta (Parroquia de Mos)
Capela de Santa Mariña (Parroquia de Pereiras)
Ermida da Virxe das Neves (Parroquia de Cela)
Capela de San Cosme e San Damián (Parroquia de Cela)

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.156