PONTEAREAS
Ponteareas instalará desfibriladores en varios campos de fútbol
As instalacións deportivas de Areas, Angoares e Pardellas, onde se practica fútbol de base e hai unha afluencia de público elevada, serán as primeiras en contar con este equipamento sanitario.
![[Img #28358]](upload/img/periodico/img_28358.jpg)
“A nosa intención é que Ponteareas sexa unha vila cardioprotexida”, declara a concelleira de Seguridade Cidadá, Sanidade e Promoción da Saúde, Vanesa Fernández. “A instalación destes tres desfibriladores é un primeiro paso. Ano tras ano, iremos ampliando a outras instalacións deportivas e tamén a instalacións municipais de outro tipo, onde haxa unha afluencia elevada de xente”, engade.
Onte fixeron unha reunión cos clubs que usan habitualmente as instalacións deportivas escollidas á que asistiron a edil de Sanidade, Vanesa Fernández, o edil de Deportes, Benito Márquez, e o xefe de Bombeiros de Ponteareas, Roberto Castro.
A edil explica que o motivo polo que se comeza polos campos de fútbol é para evitar os casos de morte súbita na práctica do deporte, que teñen afectado a campos tanto de fútbol profesional como de categoría amadora e base. “Estes dispositivos non só axudarán aos deportistas ou público asistente, se non tamén aos veciños próximos a esas instalacións, xa que é máis efectivo usar este que esperar pola ambulancia. Hai que ter en conta que cada minuto que pasa nun cadro de ataque cardíaco redúcense as probabilidades de supervivencia nun 10%”, indica o concelleiro de Deportes, Benito Márquez.
“Os desfibriladores automáticos externos (DEA), como os que instalamos, salvan moitas vidas, son sinxelos de manexar e están deseñados para que calquera cun adestramento básico poda usalo”, indica a edil de Sanidade. O Concello de Ponteareas organizará nas próximas semanas cursos para adestradores e outros responsables deportivos para instruílos no manexo deste tipo de equipamento sanitario.
O DEA é un dispositivo seguro e fiable con un microprocesador que analiza o ritmo cardíaco e recomenda o nivel das descargas con exactitude, motivo para localizalos en lugares onde a afluencia de público é alta.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184