Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21
Domingo, 30 de Octubre de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación de Pontevedra aproba por vez primeira unha ordenanza xeral para as súas subvencións

Fronte á libre disposición dos fondos públicos e ás subvencións nominativas do goberno de Louzán, a nova Deputación da un paso máis na transparencia da xestión ó aprobar unha ordenanza xeral para todas as súas subvencións.

O novo goberno da Deputación de Pontevedra aprobará no vindeiro pleno unha ordenanza xeral para todas as subvencións que se impulsen desde o organismo provincial. Por primeira vez a institución contará cunha ordenanza xeral para as subvencións, o que manifesta a aposta do novo equipo de goberno pola transparencia, obxectividade e criterios claros e ben definidos fronte á libre disposición e subvencións nominativas, discrecionais, subxectivas, clientelares, a dedo e discriminatorias do goberno de Louzán.

 

A ordenanza xeral será o marco público de xestión das subvencións da Deputación de Pontevedra e nela regulamentaranse as convocatorias e as obrigas detalladas de cada parte, beneficiando, desta maneira, tanto ás receptoras e receptores como ás xestoras e xestores. A partir de agora, todas as e os solicitantes terán a información de antemán con claridade, reforzaranse as garantías xurídicas de concesión e recepción xa que se regularán todos os aspectos da relación xurídica subvencional, completarase o marco lexislativo de aplicación para evitar interpretacións subxectivas, garantiranse os prazos de pago ós acredores das beneficiarias e beneficiarios e as deducións de parte das subvencións por incumprimento de obrigas, esixiranse formas de contratación máis transparentes e avanzarase en aspectos como as subvencións en especie.

 

A Deputación de Pontevedra xestiona anualmente máis de 117 millóns de euros destinados a subvencións e actividades de fomento. Dada a contía e o volume de subvencións era necesario contar cunha ordenanza xeral de subvencións como a que se aproba mañá, que manifesta o compromiso do novo goberno da institución coa transparencia, eficacia e eficiencia da xestión dos recursos públicos da Deputación.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.