O PORRIÑO
Marcelino Coto subliña diante do Cluster de Granito a importancia da prevención de riscos laborais no eido industrial
![[Img #28367]](upload/img/periodico/img_28367.jpg)
O concelleiro de Industria, Comercio e Medio Ambiente, Marcelino Coto, participou a semana pasada na xornada técnica sobre o ‘Desenrolo e mellora da prevención de riscos e técnicas de prevención no campo da pedra natural’, organizada polo Cluster de Granito de Galicia.
Coto, lembrando a súa longa experiencia profesional, subliñou a necesidade de facer da prevención dos riscos laborais un dos “puntos centrais” da xestión dos recursos humanos das empresas, unha idea que sempre insistiu en coidar durante a súa carreira.
O concelleiro felicitou ao Clúster do Granito por facer que os obxectivos da xornada xirasen ao redor desta idea e a súa aposta pola promoción da cultura da prevención, o coñecemento das mellores prácticas no sector ou a promoción da prevención na xestión laboral do día a día.
Ademais, os especialistas que interviron no mesmo, como Luis García Florido, da Xefatura provincial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, ou Gabriel Miguel Rubio, xerente de Recursos Humanos da Levantina, abordaron outros aspectos como as melloras técnicas no sector da maquinaria na pedra.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191