Miércoles, 21 de Enero de 2026

Xornal21
Jueves, 27 de Octubre de 2016 Tiempo de lectura:
TUI

Mañá venres ás 11h inaugúrase “Milaria II. Tui e a Brilat”

A exposición homenaxea á BRILAT co gallo do seu 50 aniversario.

[Img #28369]Mañá venres, 28 de outubro, ás 11h será inaugurada na Sala de Exposicións Municipal, na Área Panorámica a exposición “Militaria II. Tui e a BRILAT, 50º Aniversario”. Trátase dunha mostra organizada polo Concello de Tui co gallo do 50 aniversario da Brigada de Infantería Lixeira Bril-Brilat Galicia VII. O acto inaugural correrá a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e do xeneral xefe da BRILAT, Luís Cebrián. Tamén acudirán outras autoridades locais e  os mandos do Rexemento Isabel La Católica 29 e os xefes dos batallóns da Brigada.


En Militaria exhíbense por unha parte quince coleccións filatélicas de variada temática de filatelistas de todo o sur da provincia. Por outra expóñense guións e estandartes da BRILAT xunto a outras pezas da brigada lixeira coma unha motocicleta e un lanzagranadas dos insurxentes afgáns, e outros obxectos ligados ás misións internacionais que realizan.  A Cámara de Valença, que colabora no evento, presenta as maquetas do Museo Municipal da segunda Guerra Mundial. Amais por parte de coleccionistas privados achéganse libros, maquetas e pezas dedicas á Garda Civil, e soldados de chumbo e cerámica. Neste evento presentaranse dous selos personalizados, un  sobre a bandeira e o escudo de Tui e outro da Eurocidade, e haberá un mataselos conmemorativo dedicado aos 50 anos da BRILAT.


A exposición permanecerá aberta ata o domingo 6 de novembro, podendo visitarse de luns a venres de 9 a 21h e os sábados, domingos e festivos dende ás 10h.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.