PROVINCIA
A Deputación contrata unha asistencia técnica para vixiar a seguridade e saúde e previr os riscos laborais en todas as obras provinciais
A adxudicataria foi seleccionada entre 24 propostas e cobrará o 0,492% do valor de execución de cada proxecto que supervise.
A Deputación de Pontevedra garantirá mediante unha asistencia técnica que todas as obras que realice o departamento de Mobilidade na provincia cumpran coa normativa vixente en materia de seguridade, saúde e prevención de riscos laborais. O contrato terá unha duración de dous anos prorrogables a outros dous e unha contía variable en función do número de obras a executar.
A empresa seleccionada foi a unión temporal de empresas (UTE) Tepril-Ingeniería del Noroeste, que presentou una oferta económica moito máis baixa que a marcada no prego de licitación. A proposta das bases era que a firma cobrase un 1% do valor de cada proxecto a supervisar (IVE engadido), mais a UTE rebaixou a cifra ata o 0492%. No prego establecíase que o valor de obra provincial alcanzará un máximo de 17.000.000 de euros, polo que a tarifa máxima poderá chegar ata os 83.300 euros.
A día de hoxe a área técnica da Deputación non dispón de medios persoais nin materiais suficientes e adecuados para realizar os traballos requiridos legalmente en materia de riscos laborais nas obras. De feito, nos últimos tempos a vixilancia realizábaa unha empresa á que se contrataba puntualmente. A partir de agora o traballo quedará sistematizado e de cara a vindeiras actuacións o procedemento administrativo para executar obras será máis breve, xa que Tepril-Ingeniería del Noroeste encargarase de todas as supervisións.
Será responsabilidade da empresa seleccionada a coordinación e a aplicación de principios de prevención e seguridade á hora de planificar os traballos e fases de cada proxecto, informar o plan de seguridade e saúde no traballo, lograr que os contratistas e autónomos apliquen de maneira coherente e responsable a acción preventiva de riscos laborais, controlar os accesos a cada unha das obras, elaborar un plan de control e vixilancia e unha planificación diaria das visitas, así como vixiar o grao de cumprimento das medidas recollidas na lexislación. Así mesmo, será preceptiva a redacción dunha memoria mensual sobre as actuacións realizadas en materia de seguridade e saúde.
A equipa de traballo que se encargará da supervisión de proxectos inclúe a un delegado consultor (enxeñeiro ou arquitecto superior) con formación de técnico de prevención de riscos laborais e seguridade e saúde que desempeñará as funcións de dirección, organización, documentación e supervisión (cunha experiencia mínima de dez anos). Tamén traballarán tres coordinadores de seguridade e saúde que contan coa titulación de enxeñeiros superiores ou técnicos e arquitectos superiores ou técnicos especializados na área. Os medios materiais (vehículos e medios auxiliares, así como oficina con equipos de imaxe, reprodución e informáticos) correrán ao cargo da UTE.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149