Miércoles, 21 de Enero de 2026

Xornal21
Lunes, 31 de Octubre de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

O goberno mosense aproba co apoio do PSOE sendas mocións para recuperar as axudas provinciais de ASODIFISI e a Escola de Música

Alcaldesa e concelleira de Política Social e Cultura destacan o labor de ambas entidades sen ánimo de lucro, grandes referentes do Concello de Mos.

[Img #28416]

 

O grupo municipal do Partido Popular de Mos levou ao últmo Pleno dúas mocións para recuperar, nas mesmas condicións que anteriormente, as axudas provinciais da Escola de Música de Torroso e de ASODIFISI, Asociación de Diminuídos Físicos e Psíquicos de Mos. Ambas mocións foron aprobadas por maioría, co voto a favor de PP e PSOE, a abstención de GañaMos e o voto en contra do BNG.


No caso da moción relativa a ASODIFISI, ínstase á Deputación de Pontevedra a que recupere as anteriores bases de axudas  ás asociacións e colectivos sociais sen ánimo de lucro para actuacións no ámbito dos servicios sociais de forma directa, coñecendo e respaldando as necesidades de cada unha de elas.


Para que ASODIFISI poida realizar  o IV Curso de Xardinería SEMENTAMOS dirixido ós usuarios de ASODIFISI, e con cuxa produción e posterior venta de plantas recaudan fondos para poder desenvolver a súa actividade anual; será o Concello de Mos a que asuma os custes do curso.


Respecto da subvención provincial coa que antes contaba a Escola de Música de Mos, sita en Torroso, e que este ano non convocou o actual goberno bipartito (e polo tanto a Escola non puido optar a ela), a alcaldesa popular mosense, Nidia Arévalo, e a concelleira de Cultura, Sara Cebreiro, informaron de que “o novo goberno da Deputación Provincial de Pontevedra tomou a decisión de non convocar as tradicionais axudas  destinadas ás Escolas de Música dependentes de Asociacións sen ánimo de lucro, tal é o caso da Escola de Torroso”.

 

Coa aprobación da moción acórdase instar ó goberno da Deputación de Pontevedra a convocar ditas axudas dirixidas a Escolas de Música e Conservatorios dependentes de Asociacións sen ánimo de lucro.

 

“A Escola de Música de Torroso xunto coa Banda de Música Xuvenil son un sinal de identidade deste municipio xa que non existen outras. A Banda de Música está formada por  multitude de persoas de tódolas idades e é unha  parte enraizada da nosa cultura que participa en todas e cada unha das celebracións e festas típicas de cada parroquia. Mestres, alumnos, músicos profesionais e músicos afeccionados de tódalas idades atopan nesta formación a forma de achegarse á música preto dos seus domicilios sen ter que desplazarse ata outros concellos”, argumentan as representantes municipais.

 

E é que o éxito desta Escola atópase na ampla gama de actividades musicais que ofrecen, os estudantes poden escoller a música como un modelo oficial, profesión ou simplemente como unha actividade de lecer; contan actualmente cun total de 400 alumnos matriculados.

 

Por iso mediante a moción presentada polo Partido Popular de Mos, maniféstase a incomprensión ante o feito de que o novo goberno da Deputación faga desaparecer  non só estas axudas para as Escolas de Música, senón tamén as destinadas ós conservatorios.


Por iso a rexedora local, Nidia Arévalo, lamenta que “unha vez máis, este goberno provincial poña en perigo a nosa cultura, as nosas tradicións e as nosas raíces e ademais menosprece o traballo que realizan as escolas  ao longo de todo o curso”.

 

Nesta moción aprobada por maioría deféndese que a cultura e a educación musical  non deben ser entendidas coma un gasto senón coma unha inversión, que ademais de manter as tradicións do noso pobo, tamén xera riqueza e ata  postos de traballo, xa que eses cartos van destinados en moitos casos ós honorarios dos mestres, músicos, etc.

 

Por iso Arévalo e Cebreiro garantiron que desde o Concello “seguiremos a apoiar a esta Escola como sempre o facemos, asinando novamente os dous convenios anuais de colaboración entre Concello e Banda de Música e Escola Municipal de Música e poñendo todo o noso esforzo en ampliar as partidas cara o presuposto do ano 2017”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.