Jueves, 15 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 02 de Noviembre de 2016 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

‘O Pinchorriño’ servirá 72.000 tapas de balde, en 41 establecementos do Porriño

Durante os venres e sábados deste mes de novembro

[Img #28433]

 

A undécima edición das xornadas de degustación de pinchos do Porriño, o popular ‘Pinchorriño’, repartirá 72.000 tapas de baldo durante os venres e sábados –de 7 da tarde a 11 da noite- deste mes de novembro, como sinalaron este mércores os seus organizadores.


A presidenta da Asociación de Comerciantes do Porriño (ACIPOR), Juana Pérez, a súa xerente, Noelia Conde, o presidente da Asociación de Hostaleiros do Porriño, José Manuel Fernández, xunto co primeiro tenente de alcalde, Manuel Carrera, e representantes de varios dos 41 locais que se sumaron a ‘O Pinchorriño’, entre eles Sara Otero, de Paprika Lartenda, Estefanía, de ‘El Alambre del Abuelo’ou Sandra Pérez, de Más y Más.


Entre as tapas que poderán degustar quenes se acheguen aos bares, restaurantes e cafeterías do Porriño, están as empanadiñas vexetais, hamburguesas veganas, croquetas crocantes, tostas quentes en pan do Porriño, Garabano con nécora, albóndegas en salsa verde, hot dog en 3 salsas ou chupito de tortilla de patacas. Ademáis haberá tapas sen glute, como a piruleta de solombo de polo crocante con toque asiático, ou pratos vexetais, para quenes queiran gozar do Pinchorriño sen renunciar a súa dieta.


Todas as propostas de tapas, ademais dos nomes e enderezos de cada un dos establecementos que participan no Pinchorriño, o resultado do sorteo, entre os participantes no mesmo, de dúas fines de semana en casas de turismo rural poden consultarse baixando a APP ‘Quedamos de Tapas’.


Entre as novidades deste ano, como sinalou o tenente de alcalde, ademais das novas receitas, “que serán quen de reforzar a imaxe do Porriño como berce da boa mesa”, está a posibilidade de, antes de coller o coche, pasar pola central da Policía Local e facerse un ‘control preventivo’ de alcoholemia, e non poñerse ao volante en caso de superar a taxa legal de alcohol.


Manuel Carrera, logo de agradecer aos comerciantes, hostaleiros e locais participantes a súa iniciativa, lembrou que durante as fines de semana do Pinchorriño a vila transfórmase “coa chegada de milleiros de persoas, de todas as idades, desde familias a grupos de amigos, para achegarse ao noso concello que amosa, día a día, que é unha garantía de bo  xantar, con excelentes profesionais e produtos inmellorábeis”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.