PROVINCIA
O treito do corredor do Morrazo entre Rande e o enlace de Meira permanecerá pechado ao tráfico ata o vindeiro 20 de decembro
Restablecerase a circulación entre os días 21 de decembro e 8 de xaneiro, ambos incluídos, para non interferir na operación especial de tráfico no Nadal e pasadas estas datas, pecharase de novo o tramo ata o 23 de xaneiro.
O treito do corredor do Morrazo entre Rande e o enlace de Meira permanecerá pechado ao tráfico desde mañá ás 10 horas ata o vindeiro 20 de decembro coa fin de avanzar nas obras da autovía coas máximas condicións de seguridade.
Neste tramo, no que o corte comeza mañá e seguindo as recomendacións da Dirección Xeral de Tráfico e da Garda Civil continuará na semana da ponte da Constitución, restablecerase a circulación no Nadal, entre os días 21 de decembro e 8 de xaneiro, ambos incluídos, para non interferir nesta operación especial de tráfico. Pasadas estas datas, o tramo permanecerá pechado ata o final do prazo previsto para o remate das voaduras máis importantes, o 23 de xaneiro.
Os veciños desta comarca poden consultar no enlace http://tmg.xunta.gal/ os horarios do autobús e do transporte da ría, que abarataron as comunicacións entre Vigo e os Concellos de Cangas e Moaña grazas ao funcionamento do Plan de transporte metropolitano de Vigo
Esta alternativa, que lles foi presentada o pasado venres aos concellos de Cangas e de Moaña, é a única de todas as analizadas coa que os técnicos ofrecen garantías de minimizar riscos e concentrar os traballos de maior entidade no menor tempo posible, reducíndose practicamente á metade o prazo de execución dos desmontes previstos.
Esta solución permitirá que ao longo deste período de peche da circulación os traballos nos treitos 1 e 2 da autovía desenvolveranse de xeito continuo e a un ritmo moi intenso, con labores en domingos e festivos.
Nos vindeiros meses incrementarase o ritmo dos traballos no treito 1, con actuacións simultáneas noutros tres noiros e avanzando coas voaduras do tramo 2, coas que se comezará de inmediato
A alternativa posibilitará que nos vindeiros meses se incremente o ritmo dos traballos, polo tanto, no treito 1, levando a cabo actuacións simultáneas noutros tres noiros que presentan a mesma problemática e aproveitando para avanzar coas voaduras do tramo 2, coas que se comezará de maneira inmediata no noiro máis importante.
Transporte público e desvíos
Os veciños desta comarca contan coa alternativa do transporte público para facilitar a súa mobilidade, polo que poden consultar no enlace http://tmg.xunta.gal/ os horarios do autobús e do transporte da ría, que abarataron as comunicacións entre Vigo e os concellos de Cangas e de Moaña grazas ao funcionamento do Plan de transporte metropolitano de Vigo.
O Goberno galego tamén está a traballar nun estudo que aborda as intersección con semáforos na estrada PO-551, entre o concello de Moaña e a ponte de Rande, e que propón posibles modificacións na regulación dos semáforos, ao obxecto de mellorar a circulación neste treito durante o tempo no que se prolongue o peche, xa que, previsiblemente, esta estrada vai rexistrar un incremento notable de vehículos. Trátase dunhas modificacións no tráfico da PO-551 que os concellos se comprometen a analizar canto antes, co fin de poder trasladarnos as súas consideracións e achegas.
A Xunta tamén reforzará a información aos cidadáns e a sinalización para ofrecerlles indicacións concretas e precisas aos usuarios sobre as alternativas de comunicación e os desvíos que poden tomar.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149