GALICIA
Sogama incrementou nun 50% a cantidade de materiais recuperados entre 2009 e 2015
A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio en funcións, Beatriz Mato, e o presidente da Sociedade Galega de Medio Ambiente (Sogama), Javier Domínguez, presentaron hoxe os resultados da memoria de sustentabilidade do 2015.
A Sociedade Galega de Medio Ambiente (Sogama) incrementou entre 2009 e 2015 a cantidade de materiais recuperados nun 50 por cento, ao pasar das 17.600 toneladas que se recuperaban hai 6 anos, ás 26.700 do ano anterior.
Así o explicaron onte a conselleira de Medio Ambiente de Ordenación do Territorio en funcións, Beatriz Mato, e o presidente de Sogama, Javier Domínguez, durante unha rolda de prensa na que deron conta das conclusións incluídas na “Memoria de sustentabilidade 2015” que, a partir de agora, se vai elaborar de xeito bianual.
En concreto, fixeron especial fincapé no aumento na recuperación de aceiro, un 23,7% superior ao de 2009; e dos distintos tipos de plásticos, un 60% maior que hai 6 anos. O obxectivo, sinalou Mato, é seguir incrementando esta tendencia, a través da optimización das instalacións e da concienciación cidadá, para converter a Sogama nun referente da implantación da economía circular.
O obxectivo é seguir incrementando esta tendencia, a través da optimización das instalacións e da concienciación cidadá, para converter a Sogama nun referente da implantación da economía circular
Ademais da recuperación de residuos, Sogama tamén ten realizado importantes avances na recuperación enerxética, que leva a cabo a través de tres plantas diferentes: a termoeléctrica, que valoriza o combustible derivado dos residuos non reciclables; a de coxeración, que se utiliza no secado dos residuos orgánicos presentes na bolsa negra; e a de biogás, que aproveita a fermentación dos residuos depositados no vertedoiro de Areosa.
En total, nestas tres plantas produciuse no ano 2015 a cifra récord de preto de 517.000 megavatios/hora ou, dito doutra forma, a enerxía xerada por Sogama o ano pasado foi equivalente ao 12% da que se consume nos fogares galegos. Destacou especialmente o papel da planta termoeléctrica, con máis de 362.000 megavatios/hora, o que supón un incremento do 23,4% respecto a 2008. De feito, esta planta é a de maior eficiencia enerxética de todas as instalacións destas características que existen en España.
Máis residuos tratados, menos a vertedoiro
Na memoria tamén se inclúen os datos de procesamento acadados na Planta de reciclaxe, tratamento e elaboración de combustible, que en 2015 chegou ás 583.000 toneladas de residuos tratados correspondentes á fracción resto (o depositado na bolsa negra). Esta cifra “supón un rexistro histórico nunca antes alcanzado no Complexo de Cerceda”, destacou Mato, quen concretou que supón un 17% máis que o conseguido en 2009.
Este incremento da capacidade de tratamento ten outro beneficio directo “moi importante” en materia de sustentabilidade: a “significativa diminución” dos residuos que son desviados a vertedoiro. Deste xeito, 2015 foi tamén o ano no que se marcou un mínimo histórico neste eido, con 200.000 toneladas desviadas ao vertedoiro, un 49% menos que en 2009.
Destacaron tamén os rexistros históricos acadados en 2015, como o de toneladas de residuos procesadas e o de produción de enerxía
Esta tendencia é un “proceso imparable que vai culminar cando estea lista a construción da nova planta de recuperación de envases contidos no lixo en masa, así como a remodelación da actual planta de reciclaxe, tratamento e elaboración de combustible”. Esta actuación está actualmente en fase de concurso e suporá un investimento de 29 millóns de euros. Vai permitir que se incremente a capacidade de tratamento do complexo ata un mínimo de 750.000 toneladas, o que suporá poder aumentar nun 30% a reciclaxe dos residuos recibidos no complexo e diminuír o vertido na mesma proporción.
“Ou, dito doutra forma, significa que se van poder tratar de forma óptima todos os residuos urbanos que cheguen a Sogama e que unicamente se van desviar ao vertedoiro aqueles que non se poidan reciclar, nin recuperar material ou enerxeticamente”, explicou a conselleira.
Ao respecto, Mato lembrou tamén as melloras que se veñen aplicando no vertedoiro de residuos non perigosos de Areosa como infraestrutura de apoio do complexo medioambiental de Cerceda. En 2009, o vertedoiro non tiña unha soa fase clausurada, mentres que hoxe este vertedoiro dispón dunhas instalacións óptimas, co 85% da súa extensión clausurada. Cada ano invístense 8 millóns de euros na súa operación e mantemento.
Redución de emisións e concienciación
Outros dos puntos fundamentais que se expuxo na rolda de prensa foi a aposta de Sogama por reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro. Para conseguilo, tense apostado polo ferrocarril para o transporte de residuos, en tanto supón unha redución de emisións e unha maior eficiencia enerxética con respecto ao transporte por estrada. Nos últimos anos, a porcentaxe de residuos que se moven por ferrocarril incrementouse do 25 ao 45%, e a previsión é chegar ao 55% no 2018.
Ademais, Sogama está a apostar pola formación, educación e concienciación social a través dun amplo abano de actividades como a formación rigorosa dos seus propios empregados e das firmas contratistas; a programación de visitas educativas ao complexo, que chegaron a 3.200 persoas en 2015; a promoción de campañas nas escolas e nas rúas; ou o programa de compostaxe doméstica.
En definitiva, concluíu Mato, “estamos a traballar para que Sogama conte coas mellores instalacións, actúe coa máxima eficiencia, contribúa á concienciación cidadá e ofreza cada día os mellores servizos aos concellos”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.215