Miércoles, 21 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 02 de Noviembre de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

A Axencia de Colocación mosense organiza un curso de preparación para a obtención do título de ESO

Os interesados en realizar esta acción formativa para adultos deben inscribirse antes do día 7 de novembro.

O  Concello de Mos a través da concellaría de Promoción Económica, Emprego e Novas Tecnoloxías, dirixida por Óscar Soto Abadín, continúa coas políticas de emprego destinadas a facilitar e mellorar a capacitación e a inserción laboral daquelas persoas con baixa cualificación ou que non tivesen os estudos mínimos de secundaria. Dentro do Programa de 2ª Oportunidade, encádrase o programa destinado á preparación para as probas libres para a obtención do título de graduado en educación secundaria (ESO). O obxectivo é que a través do apoio titorial e formativo poidan a mediados do ano 2017 estar en condicións de presentarse a esas probas e poidan obter a titulación de graduado en ESO, ou a lo menos, a aprobación de varios ámbitos, que lles facilite obtelo en diferentes convocatorias.

 

[Img #28467]Esta oferta trae a súa razón, da importancia que ten estar en posesión desta titulación para acceder actualmente a diversos postos de traballo e á formación a través de certificados de profesionalidade dun nivel superior.

 

Tódolos interesados deben formalizar a súa matricula na Axencia de Colocación de Mos, Avda. de Peinador, 39, Tameiga, Mos (Pontevedra), antes do día 7 de novembro.

 

O día 3 de novembro ás 12: 00 horas, haberá unha charla informativa no salón de actos da Axencia de Colocación, onde se informará a tódalas persoas interesadas de como formalizar a matrícula, data de inicio, e demais trámites. O mesmo día poderán formular a matrícula coas persoas responsables da xestión desta acción formativa.

 

As clases serán de 5 horas, tódolos xoves de cada mes, de 09:00 a 14:00 h.  A metodoloxía empregada consistirá nunha titoría grupal e individual o día de asistencia á clase e de preparación por cada alumno durante toda a semana da materia que o docente estableza dacordo á programación inicial e que ten como obxectivo cubrir as materias necesarias para a obtención con éxito do título de graduado en ESO. Ademais, incorporarase unha sesión de teleformación ou on line, que permitirá a tódolos alumnos/as estar conectados diariamente co titor/a.

 

Aquelas persoas ás que lles sexa imposible asistir ese día, pódense achegar á Axencia calquera outro día, onde se lle dará toda a información que necesiten, ou ben pódena solicitar a través do correo electrónico: info@axenciadecolocacionmos.es

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.